Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Venres, 21 de febreiro de 2003 Páx. 2.066

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (1100/2001).

Anúnciase que a Comisión de Goberno en sesión ordinaria ralizada con data do 5 de decembro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización parcial da rúa de nova apertura entre Rúa conde Balvis y Rúa Vella, por instancia de Manuel Gon

zález Borrajo, en representación de Centro Inmobiliario Valenzana, S.L., condicionado o compromiso, en comparecencia pública, de executar, simultaneamente á urbanización, os servicios de comunicacións e gas, así como a dar cumprimento ás normas técnicas municipais vixentes na materia durante a execución das obras e logo de constitución de garantía para a execución das obras na cantidade de 16.298,58 euros, o equivalente ó orzamento de execución por contrata, para responder da execución, mantemento e conservación da urbanización ata a recepción das obras polo concello.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 141.4º do regulamento de planeamento.

Ourense, 11 de decembro de 2002.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente