Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Venres, 21 de febreiro de 2003 Páx. 2.065

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO de licitación, por concurso con procedemento aberto, para a execución da obra colocación de beirarrúas e abastecemento de auga potable na rúa San Xiao-Almeiras.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Culleredo.

2. Obxecto do contrato: colocación de beirarrúas e abastecemento de auga potable na rúa San Xiao-Almeiras.

a) Descrición: a que figura nos pregos.

b) Prazo de execución: 1 mes.

3. Tramitación: ordinaria.

4. Procedemento: aberto.

5. Forma: concurso.

6. Orzamento: 65.143,02 euros, IVE incluído.

7. Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

8. Clasificación: non se esixe.

9. Obtención de documentos e información: Concello de Culleredo. Negociado de Contratación.

a) Domicilio: rúa do Concello nº 12, Tarrío-Culleredo.

b) Código postal, localidade: 15189 Culleredo.

c) Provincia: A Coruña.

d) Teléfono: 981 67 77 77.

e) Fax: 981 67 76 46.

e) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo para a presentación de ofertas.

10. Presentación de oferta: vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación (BOP ou DOG).

11. Documentación que hai que presentar: a que figura nos pregos.

12. Lugar de presentación: Concello de Culleredo, rexistro xeral, de luns a venres de 9 a 14 horas, sábados de 9 a 13 horas.

13. Apertura de ofertas: en acto público o segundo xoves hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas ás 12 horas. Se fose festivo, trasladarase ó seguinte xoves hábil.

a) Entidade: Concello de Culleredo.

b) Domicilio: rúa do Concello nº 12 Tarrío.

c) Localidade: Culleredo.

14. Gastos de anuncios: aproximadamente 800 euros.

Culleredo, 13 de febreiro de 2003.

P.D. (Resolución 22-10-1999,

BOP do 13 de novembro)

Purificación Illobre Carbón

Concelleira de Economía, Facenda, Patrimonio e Contratación