Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Venres, 21 de febreiro de 2003 Páx. 2.066

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2003 pola que se anuncia a licitación para a adxudicación mediante concurso das obras de saneamento do sistema marítimo-fluvial río-ría Xunqueira de Alba: actuación II A e II B estación de bombeo na Xunqueira de Alba e colector primario de saneamento na parroquia de Alba, Pontevedra.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, praza de España s/n, 36071 Pontevedra. Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

2. Obxecto: a) Eliminación de verteduras da ría. b) Duración do contrato: dez meses. c) Lugar: Pontevedra.

3. Tramitación, procedemento e forma: ordinaria, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación: fíxase como tipo máximo de licitación a cantidade 913.048,1 A, IVE incluído (clausula 4 do p.c.a.p.).

5. Garantías: provisional: 18.260,96 A. Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: os interesados dispoñen da documentación no Servicio de Contratación debendo aboa-la cantidade de 35 euros.

7. Presentación de ofertas: a) Data límite: 24 de febreiro de 2003 (cinuenta e dous días naturais contados a partir do día seguinte ó de envio deste anuncio ó DOCE). b) Documentación que hai que presentar: cláusula 16 do prego. Rexistro xeral do concello (horario de 9 a 13 horas).

8. Apertura das ofertas: cláusula 21 do prego rectificado de cláusulas administrativas particulares.

9. Criterios de adxudicación: cláusula 19 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos: cláusula 33 do prego.

11. Data de envío do anuncio ó DOCE: 3 de xaneiro de 2003.

Pontevedra, 2 de xaneiro de 2003.

Miguel Anxo Fernández Lores

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral