Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Venres, 21 de febreiro de 2003 Páx. 2.003

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 13 de febreiro de 2003 pola que se dispón o cesamento do vicepresidente do consello regulador da denominación de orixe Valdeorras.

Por Orde do 24 de febreiro de 1977 o Ministerio de Agricultura aprobou o Regulamento da denominación de orixe Valdeorras e do seu consello regulador, para os viños producidos nesa comarca vitícola.

A competencia para efectuar nomeamentos e destitucións dos presidentes e vicepresidentes dos consellos reguladores das denominacións de orixe correspóndelle ó conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, unha vez asumidas as funcións na materia, de acordo coa competencia recollida no artigo 30.I.3 e 4 do Estatuto de autonomía de Galicia e segundo o disposto no artigo 31.3º do Decreto 63/2002, polo que se regulan os procesos electorais para a renovación dos membros dos consellos reguladores de denominacións de calidade en materia agroalimentaria.

Polo tanto, e conforme as atribucións que teño conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.-O cesamento de Juan Pedro Lerga Paz nas súas funcións como vicepresidente do consello regulador da denominación de orixe Valdeorras, agradecéndolle-los servicios prestados.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2003.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural