Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Venres, 21 de febreiro de 2003 Páx. 2.003

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

DECRETO 162/2003, do 20 de febreiro, polo que se dispón o cesamento de Higinio José Sánchez-Rodilla Fuentes como delegado provincial da Coruña.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de febreiro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, Higinio José Sánchez-Rodilla Fuentes como delegado provincial da

Coruña da Consellería de Medio Ambiente, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, vinte de febreiro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Manuel Barreiro Fernández

Conselleiro de Medio Ambiente