Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Xoves, 20 de febreiro de 2003 Páx. 1.983

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

EDICTO (414/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social, número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 414/2002, por instancia de María Carmen Castiñeiras Precedo, contra a empresa Recapa, S.L. e outros sobre incapacidade, nos que recaeu sentencia con data do 17 de decembro de 2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, estimando a demanda formulada por María Carmen Castiñeiras Precedo, condeno á demandada Mutua Gallega Accidentes de Trabajo, a aboarlle a prestación de incapacidade temporal no período 1-1-2002 ó 4-4-2002, cunha base reguladora de 1.117,88 euros mensuais, sen prexuízo do dereito de repetir contra a empresa Recapa, S.L. pola cantidade aboada, absolvendo da demanda ó Instituto Nacional da Seguridade Social.

Notífiquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Recapa, S.L. expido e asino este edicto na Coruña o 14 de xaneiro de 2003.

Secretario xudicial

Rubricado