Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Xoves, 20 de febreiro de 2003 Páx. 1.983

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (866/2002).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño que en autos seguidos perante este Xulgado do Social tramitados baixo o número 866/2002, por instancia de Elena López López, contra empresa Cartex 2001, S.L. sobre despedimento dictouse a seguinte sentencia:

«Na Coruña o 15 de xaneiro de 2003.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 866/2002, seguidos por instancia de Elena López López, maior de idade, asistida pola letrada Aránzazu Navarrete Rey, contra a empresa Cartex 2001, S.L., que non compareceu nos autos, sendo o obxecto da reclamación, despedimento.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Elena López López conta a empresa Cartex 2001, S.L., condenando a demandada a lle aboar á demandante a cantidade de 1.319,08 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que lles fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, con número de conta 0030-6349-0000-5603, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E, así mesmo, deberá no momento de interpo-lo recurso consigna-la cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito, na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa Cartex 2001, S.L., que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña o 15 de xaneiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado