Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Xoves, 20 de febreiro de 2003 Páx. 1.982

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (945/2002).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño de que nos autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o número 945/2002 contra empresa Kids Galicia, S.L., sobre despedimento, se dictou a seguinte sentencia:

«Decido que acordo o embargo preventivo dos bens da empresa Kids Galicia, S.L., ata a suma de 7.065,75 euros máis 706,58 euros calculados para as custas de execución.

Fórmese peza separada co testemuño da demanda, escrito e auto e notifíquese o Fogasa.

Contra esta resolución non cabe ningún recurso».

E para que sirva de notificación á empresa Kids Galicia, S.L. que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), expido e asino esta cédula na Coruña o 14 de xaneiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado