Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Xoves, 20 de febreiro de 2003 Páx. 1.982

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (632/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 632/2002 seguidos por instancia de Sonsoles Enciso Gómez contra Alejandro Mata López, sobre reclamación de cantidades, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, na data 2 de decembro de 2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, estimando a demanda presentada por Sonsoles Enciso Gómez, debo declarar e declaro o dereito da demandante a percibi-la cantidade de 1.184,17 euros polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e, nese sentido, debo condenar e condeno a empresa Alejandro Mata López a que, estando e pasando por tal declaración, lle aboe ó demandante a cantidade de 1.184,17 euros, en concepto de salarios e liquidación.

Notifíquelle esta sentencia ás partes, facéndolles saber que en contra dela non poden presentar recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Alejandro Mata López, que tivo o seu último enderezo coñecido en (Cervecería Monasterio, rúa Mosteiro de Caaveiro, 16-baixo, da Coruña; e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 16 de xaneiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado