Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Xoves, 20 de febreiro de 2003 Páx. 1.982

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (295/2002-T).

Carmen Carballo Ramos, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número un da Coruña.

Dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo verbal que se tramitan neste xulgado baixo o número 295/2002-T se dictou sentencia que ten por encabezamento e decisión os seguintes:

Sentencia.

A Coruña, trinta e un de xullo de dous mil dous.

Vistos por min, Javier San Claudio Piñón, maxistrado-xuíz do Xulgado dde Primeira Instancia número un desta cidade, estes autos de xuízo verbal civil, tramitados neste xulgado co número 295/2002, por instancia de Germán Antonio Codesal Beade, representado pola procuradora Susana Rodríguez Alfonso e defendida polo letrado José Mª Llano Cervero, contra María Rosario Seoane Tabeayo, en ignorado paradoiro, sobre resolución de contrato de arrendamento por falta de pagamento e,

Decido.

Que estimando integramente a demanda interposta pola procuradora señora Rodríguez Alfonso en representación de Germán Antonio Codesal Beade, declaro resolto o contrato de arrendamento da vivenda sita na rúa Tornos, nº 27, piso 2º C, da Coruña, condenando o demandado a desaloxalo e a deixa-lo inmoble á libre disposición do demandante dentro do prazo legal, apercibíndoo de lanzamento e impoñéndolle as custas do xuízo.

Notifíqueselle esta resolución ás partes con indicación de que contra ela e de acordo co previsto no artigo 455 da LAC cabe recurso de apelación que hai que preparar ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación apercibimento ó demandado de que non se lle admitirá o recurso se ó preparalo non manifesta, acreditándoo por escrito, ter satisfeitas as rendas vencidas e as que consonte o contrato deba pagar por adiantado.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación: a anterior sentencia foi dada, lida e publicada por Javier San Claudio Piñón que a subscribe, estando celebrando audiencia pública no día da súa data. Dou fe.

Concorsa ben e fielmente co seu orixinal á que me remito en caso necesario e para que así conste para os efectos de publicala no Diario Oficial de Galicia que lle servirá de notificación á demandada, señora Seoane Tabeayo, en ignorado paradoiro; expido e asino o presente testemuño o trinta e un de xullo de dous mil dous. Dou fe.

A secretaria

Rubricado