Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Xoves, 20 de febreiro de 2003 Páx. 1.983

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

EDICTO (827/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 827/2002 seguidos por instancia de Rodolfo Jesús Barrera Martínez, contra a empresa Icom Galicia, S.L. sobre despedimento, nos que recaeu sentencia en data 14 de xaneiro de 2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que estimando a demanda formulada por Rodolfo Jesús Barrera Martínez, declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno a empresa Icom Galicia, S.L. a que á súa elección, que debe efectuar no prazo de cinco días, o readmita no seu posto e condicións de traballo ou lle indemnice ca cantidade de 1.112,04 euros, así como lle aboe coa

concepto de salarios de tramitación para o suposto de readmisión a cantidade de 3.541,14 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevese a empresa demandada que, para recorrer, deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións, código 5604.0000.60 827-2002 de Banesto desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así mesmo, advírtese á parte demandada que, se fai uso de tal dereito, optando pola readmisión, durante a sustanciación do procedemento deberá aboar á parte demandante o mesmo salario que percibiría, estando obrigada esta a presta-los seus servicios á demandada, a menos que esta prefira facer uso de tal aboamento sen percibir compensación ninguha por parte da demandante.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Icom Galicia, S.L., expido e asino este edicto na Coruña o 14 de xaneiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado