Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Mércores, 19 de febreiro de 2003 Páx. 1.922

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EMIGRACIÓN

ORDE do 14 de febreiro de 2003 pola que se regulan os programas de axudas e subvencións para a promoción asistencial, social, cultural e informativa das comunidades de galegos asentadas fóra de Galicia.

A Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, evoca o espírito asociativo e solidario dos galegos que os levou a constituír fóra de Galicia auténticas comunidades que serven de vínculo de unión e comunión coa súa terra de orixe. A comunidade galega está presente deste xeito non só nas catro provincias que constitúen a autonomía, senón tamén na Galicia da emigración, e nun terceiro espacio intanxible que comunica estes dous mundos galaicos que xa se deu en denominar a Galicia universal.

A máis que destacada presencia no exterior destas comunidades galegas tradúcese nunha importantísima achega dos naturais de Galicia e os seus descendentes a todas aquelas sociedades nas que se instalaron, achegando como case ningún outro colectivo no mundo o seu traballo e a súa capacidade para o mellor desenvolvemento das máis diversas áreas de actuación asociativa nos campos asistencial, sanitario, de formación, recreativo e cultural.

As colectividades, asociacións, centros e agrupacións constituídas e mantidas polos galegos nos cinco continentes continúan sendo un elemento imprescindible para a cohesión dos galegos no exterior, para a súa achega beneficiosa ás comunidades e países que os acollen, e -en fin- para a súa efectiva participación na vida social e cultural de Galicia.

Nos últimos anos as comunidades galegas no exterior están fortalecendo a vitalidade dos centros prestixiando as súas actividades, e definindo tamén a súa vocación de participar dun xeito integral na sociedade do seu contorno.

A auténtica vivencia dunha idea universal de galeguidade xerou novos estilos de colaboración entre as nosas comunidades, e destas coa Galicia territorial, redundando nunha máis significativa proxección da Comunidade Autónoma.

O obxectivo conxunto das institucións das que se dotou Galicia, e das propias comunidades galegas, pasa por fortalece-la nosa actual presencia no exterior para alcanzar un maior prestixio dos galegos e a máis expresiva proxección de Galicia, de xeito que se facilite un coñecemento mellor da nosa realidade cultural e social e das capacidades tan características das nosas xentes e institucións.

Por outra banda, a pluralidade de situacións que se presentan no campo asistencial, nos distintos países e comunidades que contan cun importante colectivo de galegos de avanzada idade, esixe medidas para casos concretos e determina unha programación que deberá coidar polo miúdo ese tipo de cobertura e a súa aplicación.

Cómpre profundar nesa idea de colaboración establecida coas nosas institucións galegas no exterior, que tan importante papel desempeñan na asistencia social, principalmente en aspectos sanitarios para

os máis necesitados. Será preciso, así mesmo, un incremento na atención a estes colectivos de galegos de maior idade que, en situacións de crises profundas, non dispoñen de medios para garanti-la súa cobertura asistencial ou o pagamento dos servicios básicos para a súa subsistencia.

Moitas actividades de natureza cultural ou asociativa son organizadas directamente polos centros, ben para cada un deles ou ben abertas á participación cos demais; todas elas deben recibi-lo apoio da consellería. De especial significación para as nosas comunidades son aquelas accións culturais que intentan manter vivas as formas e tradicións culturais de Galicia, a súa potenciación e a proxección dunha expresividade propia.

Os programas de natureza formativa afondan no camiño citado, obrigándonos a dar respostas positivas que aseguren a máis ampla participación e integración da xuventude na vida asociativa das nosas comunidades.

A programación xeral de cursos, seminarios ou obradoiros, debe ser amparada coa configuración de servicios permanentes naqueles centros, zonas ou áreas nos que a capacidade de actuación da nosa comunidade o permita, establecéndose así a posibilidade de creación de aulas permanentes de formación e cultura de Galicia.

En xeral, establécense distintas accións encamiñadas a facer efectivo o dereito das comunidades galegas a participar na vida cultural de Galicia, impulsando a difusión das súas actividades e das que se programan desde Galicia para elas.

Finalmente, trátase tamén de potencia-la difusión da cultura e a realidade de Galicia no exterior, a través das diferentes formas e canles de comunicación.

Por todo isto, e desde os principios e obxectivos expostos, esta consellería

DISPÓN:

TÍTULO I

Programa de axudas a entidades galegas para prestacións de servicios asistenciais en favor dos emigrantes galegos

Capítulo I

Obxecto das axudas

Artigo 1º.-Obxecto.

O obxecto deste programa é a concesión de subvencions ás entidades galegas que presten servicios sanitarios asistenciais ou residenciais á colectividade de asociados de orixe galega que careza de medios económicos, nos seguintes supostos:

1. A través de axudas indirectas para solventa-las cotas ou achegas destinadas a mante-la protección asistencial ou sanitaria que veñen prestando as entidades galegas ás persoas de orixe ou ascendencia galega en situación de paro, xubilación con mínimos ingresos, desprotexidos en materia de previsión social ou carentes de protección que, doutro xeito, non terían este tipo de cobertura no seo destes centros galegos.

2. A través de axudas ás entidades galegas que teñen en funcionamento fogares diúrnos, entendendo como tales os lugares onde as persoas da terceira idade poden realizar actividades lúdicas, recreativas e de terapia ocupacional que desenvolvan a súa psicomotricidade coa finalidade de aumenta-la calidade de vida, permitindo que o ancián avellente no seu medio, permanecendo no seu fogar, ou en que dispoña dun servicio de comedor nos que poidan recibi-la comida de mediodía a un prezo módico e outras prestacións de tipo social-asistencial en calquera das súas diversas modalidades.

3. A través de axudas a entidades galegas que presten servicios de acollida en vivendas compartidas, asistencia domiciliaria ou programas extraordinarios de protección social dos emigrantes galegos.

4. A través de axudas para a comida e, se é o caso, de transporte dos familiares directos dos asociados, cando estes residan en centros asistenciais, de forma que se posibilite o contacto diario entre eles.

5. A través de axudas ás entidades que prestan atencións diversas ante situacións de emerxencia ós transeúntes galegos que se achegan a estes centros en demanda de asistencia.

Artigo 2º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas axudas as comunidades que teñan recoñecida a galeguidade, centros colaboradores e entidades que presten servicios de carácter asistencial ós emigrantes galegos carenciados a través de residencias para a terceira idade, centros hospitalarios ou programas específicos de beneficencia ou atención a transeúntes de orixe galega.

Capítulo II

Competencia e procedemento

Artigo 3º.-Competencia.

A competencia para coñecer e resolve-las solicitudes de axudas e subvencións presentadas ó abeiro desta orde correspóndelle ó conselleiro de Emigración.

Artigo 4º.-Solicitudes e prazo.

1. As solicitudes de axudas e subvencións dirixiranse á Consellería de Emigración (rúa Basquiños, 2, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña), e presentaranse por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. O prazo de presentación de solicitudes rematará, con carácter ordinario, o 31 de marzo de 2003.

Con carácter extraordinario poderán ser atendidas aqueloutras solicitudes que se presenten fóra do citado prazo por mor da realización de actividades que por causas sobrevidas non puideran ser previstas antes do 31 de marzo de 2003, sempre que exista crédito suficiente na partida orzamentaria destinada a estes fins.

Artigo 5º.-Documentación.

As solicitudes deberán presentarse, preferentemente, nos modelos normalizados que figuran como anexo I desta orde, que serán subscritas polas persoas que teñan a representación legal das entidades solicitantes.

No caso dos puntos 1, 2, 3 e 4 do artigo 1º presentarase programa ou memoria das actuacións que se van realizar na que conste o importe previsto que se vai destinar a esta acción e número de beneficiarios no 2003.

No caso do punto 5 do artigo 1º, xuntarase inicialmente relación dos transeúntes galegos atendidos en 2002 e importe estimativo de gastos destinados a estas atencións, no ano 2003.

Declaración do conxunto de tódalas subvencións solicitadas ou concedidas, para o mesmo proxecto para o que se solicita a axuda, das distintas administracións públicas competentes, ou, de se-lo caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións.

Artigo 6º.-Criterios de valoración.

A Consellería de Emigración avaliará as solicitudes presentadas en función dos criterios de valoración e gradación destes de acordo coa seguinte orde de prioridades:

1. Número de asociados galegos do centro ou entidade asistencial e número e grao de necesidade dos posibles beneficiarios.

2. Número de residentes do centro ou ingresados nel e contía do seu orzamento.

3. Grao de necesidade de actuación asistencial programada en relación coa situación do colectivo galego á que vai destinada.

Artigo 7º.-Resolución.

1. As resolucións serán dictadas polo conselleiro de Emigración e notificadas ós interesados, debendo ser sempre motivadas.

2. O prazo máximo para resolver será de seis meses, que comezarán a contar desde a data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo sen que se dictasen as resolucións expresas, poderán entenderse desestimadas as solicitudes, de acordo co establecido nos artigos 1 e 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. As resolucións que se dicten neste procedemento esgotan a vía administrativa, e contra elas cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que as dictou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da recepción da correspondente notificación, no caso de resolucións expresas, ou no prazo de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se entenda producido o acto presunto, no caso de resolucións

desestimadas por silencio administrativo, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

Así mesmo, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da recepción da correspondente notificación, no caso de resolucións expresas, ou no prazo de 6 meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se entenda producido o acto presunto, no caso de resolucións desestimadas por silencio administrativo, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Artigo 8º.-Xustificación e pagamento.

Para proceder ó pagamento da axuda a entidade beneficiaria deberá presentar, dentro do exercicio orzamentario:

Certificación do secretario da entidade beneficiaria, co visto e prace do seu presidente, facendo consta-las accións e os gastos efectivamete realizados, así como o nome, apelidos, enderezo e, se é o caso, concepto e contía individual destinada como axuda a cada beneficiario. A devandita certificación deberá ser conformada pola Consellería de Emigración.

Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas -tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución- para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Non obstante o anterior, para acada-la maior operatividade deste tipo de axudas poderá acordarse, no momento da concesión, o pagamento dun anticipo de ata a contía máxima que proceda de acordo co establecido na normativa orzamentaria. O resto do importe librarase no momento de completa-la xustificación por parte dos beneficiarios do cumprimento da finalidade para a que se concedeu a axuda e demais condicións esixidas na presente orde.

Artigo 9º.-Obriga dos beneficiarios.

Con carácter xeral, os beneficiarios de axudas e subvencións correspondentes ós programas convocados por esta orde quedan obrigados a:

-Someterse ós requisitos legais e regulamentarios que considere a normativa xeral de aplicación ás axudas de subvencións da Xunta de Galicia, así como ás actuacións de comprobación que respecto da xestión de fondos pode efectua-la entidade concedente e as de control financeiro que realice a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e os procedementos fiscalizadores do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

-Se, por calquera motivo, a actuación programada non se puidese realizar, deberase comunicar á Consellería de Emigración, que poderá dispoñer do citado crédito para subvencionar proxectos inicialmente desestimados ou aumenta-la axuda doutros subvencionados parcialmente.

-As entidades beneficiarias de axudas ou subvencións consideradas nesta orde quedarán obrigadas á difusión do confinanciamento por parte da Consellería de Emigración nos actos, documentación e publicacións que realicen, por calquera medio, con motivo da actuación subvencionada.

Artigo 10º.-Modificación da resolución de concesión e revogación.

As entidades beneficiarias das axudas quedan obrigadas a comunicarlle á Consellería de Emigración, no momento en que se produza, calquera alteración dos requisitos esixidos na convocatoria ou de circunstancias sobrevidas que impidan ou dificulten a execución das accións subvencionadas, podendo a consellería adopta-la resolución de modificación da concesión ou de revogación que corresponda.

Procederá a revogación das axudas e subvencións, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a esixencia dos xuros de demora, nos casos e nos termos previstos no artigo 78 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e no Decreto 287/2000.

TÍTULO II

Programa de axudas para realización de proxectos formativos e culturais e actividades asociativas na Galicia exterior

Capítulo I

Obxecto das axudas

Artigo 11º.-Obxecto.

Este programa ten por obxecto a concesión de axudas dirixidas a subvencionar, total ou parcialmente, as actividades formativas, culturais e asociativas realizadas en favor das comunidades galegas co fin de facer efectivos os dereitos que lles recoñece a Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade.

Artigo 12º.-Características.

Poderán ser subvencionadas, entre outras que se axusten á Lei de recoñecemento da galeguidade, as seguintes actuacións realizadas directamente polas comunidades galegas en favor destas:

1. Realización de cursos, seminarios, xiras e conferencias que propicien o fomento da cultura e da realidade de Galicia no lugar de asentamento das comunidades galegas e a formación e capacitación dos galegos emigrados e dos seus descendentes.

2. Programación e realización de actos conmemorativos de efemérides galegas de especial significación para a lingua, historia ou cultura de Galicia.

3. Aulas permanentes de formación e cultura galega.

O funcionamento de aulas permanentes de formación e cultura galegas creadas no seo das comunidades galegas co fin de garantir un proxecto integral de extensión cultural e de formación en distintas especialidades e materias educativas, ocupacionais, artísticas, etc., aberto ó conxunto da comunidade

galega asentada en determinadas áreas xeográficas, ou países con especial incidencia de poboación de orixe galega.

Os acordos ou convenios reguladores desta especialidade de servicios formativo-culturais, poderán realizarse ó longo do exercicio en función do número, finalidade e actualidade dos cursos, obradoiros ou programas que se van impartir, contidos de especial dedicación ou significación para Galicia, ámbito de incidencia e número de beneficiarios das accións programadas, e medios persoais e materiais achegados pola propia entidade ou conxunto integrado de entidades que solicitan a creación da Aula Permanente.

4. A realización de tarefas de información, asesoramento e outras complementarias de xestión por parte dos centros coordinadores de programas de carácter individual designados naqueles países onde se constitúa comisión avaliadora segundo o previsto nas correspondentes ordes de axudas e programas individuais.

5. Desprazamentos que no exercicio da súa función representativa realicen os membros da Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas, dentro do seu ámbito territorial de actuación, sempre que se realicen coa previa presentación do programa correspondente e conten coa previa autorización por escrito da Consellería de Emigración e cumprindo as condicións establecidas por ela.

Artigo 13º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas axudas as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, así como aquelas institucións, asociacións sen fin de lucro e persoas físicas que puideran, se é o caso, realizar accións que sirvan para os fins sinalados no artigo 12º da presente orde.

Capítulo II

Competencia e procedemento

Artigo 14º.-Competencia.

A competencia para coñecer e resolve-las solicitudes de axudas e subvencións presentadas ó abeiro desta orde correspóndelle ó conselleiro de Emigración.

Artigo 15º.-Solicitudes e prazo.

1. As solicitudes de axudas e subvencións dirixiranse á Consellería de Emigración (rúa Basquiños, 2, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña), e presentaranse por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. O prazo de presentación de solicitudes rematará, con carácter ordinario, o 31 de marzo de 2003.

Con carácter extraordinario poderán ser atendidas aqueloutras solicitudes que se presenten fóra do citado prazo por mor da realización de actividades que por causas sobrevidas non puideran ser previstas

antes do 31 de marzo de 2003, sempre que exista crédito axeito e suficiente na partida orzamentaria destinada para estes fins.

Artigo 16º.-Documentación.

A documentación deberá estar integrada por:

-Solicitude segundo o modelo normalizado que se une como anexo II á presente orde, xuntando as follas adicionais que se consideren necesarias para unha adecuada valoración da solicitude por parte da Consellería de Emigración.

-Para a creación de Aulas Permanentes de Formación e Cultura Galegas deberá presentarse, xunto co modelo normalizado de solicitude, un proxecto que inclúa memoria xustificativa da creación da aula, programa detallado de accións e orzamento dos gastos para o seu mantemento, incluídos os de actividade docente no caso de que deban ser, necesariamente, por conta da entidade.

-Declaración do conxunto de tódalas subvencións solicitadas ou concedidas, para o mesmo proxecto para o que se solicita a axuda, das distintas administracións públicas competentes, ou, de se-lo caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións.

Artigo 17º.-Criterios de valoración.

A Consellería de Emigración avaliará as solicitudes presentadas en función dos criterios de valoración e gradación destes de acordo coa seguinte orde de prioridades:

-A necesidade e utilidade das accións formativas, culturais ou sociais que se van desenvolver.

-O colectivo efectivo de persoas sobre as que incide directamente o programa cultural.

-A capacidade de xestiona-las actividades para as que se solicita subvención, atendendo ós programas realizados e debidamente xustificados nos dous últimos exercicios.

Artigo 18º.-Resolución.

1. As resolucións serán dictadas polo conselleiro de Emigración e notificadas ós interesados, debendo ser sempre motivadas.

2. O prazo máximo para resolver será de seis meses, que comezarán a contar desde a data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo sen que se dictasen as resolucións expresas, poderán entenderse desestimadas as solicitudes, de acordo co establecido nos artigos 1 e 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. As resolucións que se dicten neste procedemento esgotan a vía administrativa, e contra elas cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que as dictou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da recep

ción da correspondente notificación, no caso de resolucións expresas, ou no prazo de 3 meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se entenda producido o acto presunto, no caso de resolucións desestimadas por silencio administrativo, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

Así mesmo, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza en Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da recepción da correspondente notificación, no caso de resolucións expresas, ou no prazo de 6 meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se entenda producido o acto presunto, no caso de resolucións desestimadas por silencio administrativo, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Artigo 19º.-Xustificación e pagamento.

Previo o pagamento do importe da subvención concedida, os beneficiarios, dentro do exercicio orzamentario, deberán presenta-la seguinte documentación:

a) Informe detallado das actividades efectivamente realizadas en execución da memoria presentada que xustifiquen a subvención concedida.

b) Relación detallada dos gastos realizados con motivo da realización das actividades subvencionadas.

c) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas -tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución- para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

A documentación presentada polas entidades galegas deberá ser asinada polo secretario da entidade beneficiaria co visto e prace do presidente, e polos solicitantes nos demais casos, sendo conformado, en todo caso, pola Consellería de Emigración.

Non obstante o anterior, para acada-la maior operatividade deste tipo de axudas poderá acordarse, no momento da concesión, o pagamento dun anticipo de pagamento ata contía máxima que proceda de acordo co establecido na normativa orzamentaria. O resto do importe librarase no momento da completa xustificación por parte dos beneficiarios do cumprimento da finalidade para a que se concedeu a axuda e demais condicións esixidas na presente orde.

Artigo 20º.-Obrigas dos beneficiarios.

Con carácter xeral, os beneficiarios de axudas e subvencións correspondentes ós programas convocados pola presente orde quedan obrigados a:

-Someterse ós requisitos legais e regulamentarios que considere a normativa xeral de aplicación ás axudas de subvencións da Xunta de Galicia, así como ás actuacións de comprobación que respecto da xestión de fondos pode efectua-la entidade concedente e as de control financeiro que realice a Intervención

Xeral da Comunidade Autónoma e os procedementos fiscalizadores do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

-Se, por calquera motivo, a actuación programada non se puidese realizar, deberase comunicar á Consellería de Emigración, que poderá dispoñer do citado crédito para subvencionar proxectos inicialmente desestimados ou aumenta-la axuda doutros subvencionados parcialmente.

-As entidades beneficiarias de axudas ou subvencións consideradas nesta orde quedarán obrigadas á difusión do confinanciamento por parte da Consellería de Emigración nos actos, documentación e publicacións que realicen, por calquera medio, con motivo da actuación subvencionada.

Artigo 21º.-Modificación da resolución, concesión e revogación.

As entidades beneficiarias das axudas quedan obrigadas a comunicarlle á Consellería de Emigración, no momento en que se produza, calquera alteración dos requisitos esixidos na convocatoria ou de circunstancias sobrevidas que impidan ou dificulten a execución das accións subvencionadas, podendo a consellería adopta-la resolución de modificación da concesión ou de revogación que corresponda.

Procederá a revogación das axudas e subvencións, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a esixencia dos xuros de demora, nos casos e nos termos previstos no artigo 78 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e no Decreto 287/2000.

TÍTULO III

Programa de accións informativas

na Galicia exterior

Capítulo I

Obxecto das axudas

Artigo 22º.-Obxecto.

Este programa ten por obxecto a concesión de axudas dirixidas a potencia-la difusión da cultura e realidade de Galicia no exterior a través de información de prensa, revistas de carácter periódico, programas de radio e televisión, etc. que promovan un mellor coñecemento de Galicia no exterior, da nosa realidade científica e cultural, da nosa lingua, literatura, música e folclore, etc., ademais da difusión directa que realicen as propias comunidades galegas mediante puntos permanentes de información creados no seu seo.

Artigo 23º.-Características.

As actuacións específicas que poden ser subvencionadas a través deste programa axustaranse ás seguintes características:

1. A edición e difusión periódica polas comunidades galegas de revistas culturais, informativas, económicas, etc., ou boletíns de interese xeral, e a realización de programas de radio e televisión dedicados á realidade galega por parte das comunidades galegas ou institucións e asociacións no exterior.

Estas actuacións serán subvencionadas en función da periodicidade, difusión e número de exemplares, calidade e custo dos exemplares publicados.

2. O mantemento de oficinas de turismo na Galicia do exterior creadas pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, a través da Dirección Xeral de Turismo, en función do deseño, o modelo, e contido que se estableza, nas entidades galegas que determine segundo a súa estratexia de promoción exterior. Para estes efectos, estableceranse o convenio ou convenios que se consideren oportunos coa Consellería de Emigración.

Farase especial fincapé na dotación axeitada de medios materiais e, en particular, a súa conexión ás redes telemáticas de información turística.

3. A distribución ás comunidades galegas e ás empresas difusoras nos países onde aquelas estean establecidas, de programas informativos de interese sobre Galicia mediante acordos con organismos ou empresas de radiodifusión e televisión de Galicia.

Os acordos previstos neste último caso poderán realizarse ó longo do correspondente exercicio, en función do número e actualidade dos programas que se van distribuír, contidos de especial dedicación a Galicia e ámbito e medio de difusión.

4. A conexión a internet das comunidades galegas posibilitando o seu acceso á información universal mediante as denominadas autoestradas de información e ó uso do correo electrónico.

5. A conexión dos centros ás novas canles de acceso ás televisións galega e española, establecéndose para estes efectos as liñas de colaboración correspondentes.

Artigo 24º.-Solicitantes.

As solicitudes poderán ser presentadas polas entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, así como polas institucións ou empresas de radiodifusión e televisión de Galicia para os casos de distribución de programas a comunidades galegas previstos no punto 3 do artigo anterior.

Capítulo II

Competencia e procedemento

Artigo 25º.-Competencia.

A competencia para coñecer e resolve-las solicitudes de axudas e subvencións presentadas ó abeiro desta orde correspóndelle ó conselleiro de Emigración.

Artigo 26º.-Solicitudes e prazos.

1. As solicitudes de axudas e subvencións dirixiranse ó órgano competente, en concreto, á Consellería de Emigración (rúa Basquiños, 2, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña), e presentaranse por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 2003.

Artigo 27º.-Documentación.

Para as actuacións previstas nos números 1, 4 e 5 do artígo 23º, a documentación deberá estar integrada por:

-Solicitude segundo o modelo normalizado que vai como anexo III desta orde, xuntando as follas adicionais que se consideren precisas para unha adecuada valoración da axuda atendendo ós criterios sinalados no artigo 23º.

-Declaración do conxunto de tódalas subvencións solicitadas ou concedidas, para o mesmo proxecto para o que se solicita a axuda, das distintas administracións públicas competentes, ou, se é o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións.

Artigo 28º.-Criterios de valoración.

A Consellería de Emigración avaliará as solicitudes presentadas en función dos criterios sinalados no artigo 23º desta orde.

Artigo 29º.-Resolución.

1. As resolucións serán dictadas polo conselleiro de Emigración e notificadas ós interesados, debendo ser sempre motivadas.

2. O prazo máximo para resolver será de seis meses, que comezarán a contar desde a data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo sen que se dictasen as resolucións expresas, poderán entenderse desestimadas as solicitudes, de acordo co establecido nos artigos 1 e 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. As resolucións que se dicten neste procedemento esgotan a vía administrativa, e contra elas cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que as dictou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da recepción da correspondente notificación, no caso de resolucións expresas, ou no prazo de 3 meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se entenda producido o acto presunto, no caso de resolucións desestimadas por silencio administrativo, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da recepción da correspondente notificación, no caso de resolucións expresas, ou no prazo de 6 meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se entenda producido o acto presunto, no caso de resolucións desestimadas

por silencio administrativo, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Artigo 30º.-Xustificación e pagamento.

Previo o pagamento do importe da subvención concedida, os beneficiarios, dentro do exercicio orzamentario, deberán presenta-la seguinte documentación:

a) Informe detallado das actividades efectivamente realizadas en execución da memoria presentada que xustifiquen a subvención concedida.

b) Relación detallada dos gastos realizados con motivo da realización das actividades subvencionadas.

c) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas -tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución- para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

A documentación presentada polos beneficiarios, no caso das entidades galegas, deberá ser asinada polo secretario co visto e prace do presidente, e polos solicitantes nos demais, sendo conformado en todo caso, pola Consellería de Emigración.

Non obstante o anterior, para acada-la maior operatividade deste tipo de axudas poderá acordarse, no momento da concesión, o pagamento dun anticipo ata a contía máxima que proceda de acordo co establecido na normativa orzamentaria. O resto do importe librarase no momento da completa xustificación por parte dos beneficiarios do cumprimento da finalidade para a que se concedeu a axuda e demais condicións esixidas na presente orde.

Artigo 31º.-Obriga dos beneficiarios.

Con carácter xeral, os beneficiarios de axudas e subvencións correspondentes ós programas convocados pola presente orde quedan obrigados a:

-Someterse ós requisitos legais e regulamentarios que considere a normativa xeral de aplicación ás axudas de subvencións da Xunta de Galicia, así como ás actuacións de comprobación que respecto da xestión de fondos pode efectua-la entidade concedente e as de control financeiro que realice a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e os procedementos fiscalizadores do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

-Se, por calquera motivo, a actuación programada non se puidese realizar, deberase comunicar á Consellería de Emigración, que poderá dispoñer do citado crédito para subvencionar proxectos inicialmente desestimados ou aumenta-la axuda doutros subvencionados parcialmente.

-As entidades beneficiarias de axudas ou subvencións consideradas nesta orde quedarán obrigadas á difusión do confinanciamento por parte da Consellería de Emigración nos actos, documentación e publicacións que realicen, por calquera medio, con motivo da actuación subvencionada.

Artigo 32º.-Modificación da resolución de concesión e revogación.

As entidades beneficiarias das axudas quedan obrigadas a comunicarlle á Consellería de Emigra

ción, no momento en que se produza, calquera alteración dos requisitos esixidos na convocatoria ou de circunstancias sobrevidas que impidan ou dificulten a execución das accións subvencionadas, podendo a consellería adopta-la resolución de modificación da concesión ou de revogación que corresponda.

Procederá a revogación das axudas e subvencións, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a esixencia dos xuros de demora, nos casos e nos termos previstos no artigo 78 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e no Decreto 287/2000.

Disposicións adicionais

Primeira.-A Consellería de Emigración levará a cabo a función de control, avaliación e seguimento dos programas recollidos nesta orde.

Para realiza-las devanditas funcións poderán utilizarse cantos medios estean á disposición da Consellería de Emigración para comproba-los requisitos esixidos nesta orde e demais normas vixentes que resulten de aplicación, para o cal as entidades ás que van dirixidos os programas regulados nesta orde prestarán toda a colaboración que lles sexa requirida.

Segunda.-A Consellería de Emigración poderá requirir en todo momento a documentación, orixinal ou copia compulsada que se considere necesaria para acreditar mellor o exacto cumprimento das condición esixidas para as diferentes axudas previstas nesta orde.

Terceira.-A Consellería de Emigración poderá sempre que a natureza e tramitación orzamentaria o permitan, amplia-los prazos sinalados na presente orde mediante resolución, sen que se prexudiquen dereitos de terceiros.

Esta ampliación non poderá exceder da metade dos prazos establecidos nesta orde.

Cuarta.-As subvencións consideradas nos programas a que se refire esta orde concederanse con cargo á partida orzamentaria 17.02.213-A.480.0 (Transferencias correntes. Subvencións ás comunidades galegas. Subvencións dedicadas ó cumprimento da Lei 4/1983). O crédito inicialmente outorgado para estas finalidades é de 1.000.000 A sen prexuízo das modificacións que legalmente poidan efectuarse ó longo do exercicio.

A concesión das axudas e subvencións estará sempre condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente na Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o director xeral de Emigración para dicta-las resolucións que tecnicamente sexan necesarias para o cumprimento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2003.

Aurelio D. Miras Portugal

Conselleiro de Emigración

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA