Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Mércores, 19 de febreiro de 2003 Páx. 1.912

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EMIGRACIÓN

ORDE do 14 de febreiro de 2003 pola que se regulan programas de axudas e subvencións de apoio infraestructural ás comunidades galegas no exterior, para o exercicio 2003.

A Consellería de Emigración é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma ó que lle

corresponden as competencias en materia de desenvolvemento da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, relacións coas comunidades galegas no exterior, e política inmigratoria nacional e estranxeira en Galicia.

En execución da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, procede a través desta orde establece-lo marco normativo ó que haberán de axustarse neste exercicio as axudas e subvencións que posibiliten ás nosas comunidades galegas a

actualización, adaptación e modernización das súas infraestructuras e locais, co fin de optimiza-la prestación de servicios asistenciais, sanitarios, sociais, culturais e deportivos, etc., que estatutariamente lles son propios e que contribúen á cobertura xeral de centenares de miles de galegos residentes no exterior que participan da vida asociativa destas comunidades.

Para acada-la modernización das citadas estructuras asociativas e a súa adaptación ás novas circunstancias polas que atravesa a emigración galega, establécense medidas de impulso para o axeitamento de estructuras e medios acordes coas necesidades de cooperación e integración de esforzos, que contribúan no futuro a asegura-la presencia, os servicios, o patrimonio e a forza na proxección cultural da nosa comunidade galega no exterior.

Obxectivo esencial destas subvencións será atende-los colectivos máis necesitados ou de maior idade dentro da nosa poboación emigrante, en especial, no que se refire a certas áreas xeográficas e a países nos que as comunidades galegas posúen instalacións de servicios sanitarios e asistenciais.

De igual xeito, aténdense os proxectos de remodelación e ampliación, así como a modernización estructural, a renovación dos equipamentos, o incremento dos medios instrumentais, a incorporación de novas tecnoloxías e, conforme a esixencia dos tempos, a dotación de sistemas de información e de comunicación axustados ás técnicas vixentes. Así mesmo, requiren axuda e apoio a promoción polas comunidades galegas de novos proxectos, especialmente de carácter asistencial.

As bases reguladoras destas axudas e subvencións e a súa convocatoria axústanse ó disposto no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, e o establecido na Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidades Autónoma de Galicia para o ano 2003.

Por todo o exposto, e no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

TÍTULO I

Programa de axudas para rehabilitación das

instalacións das entidades de emigrantes galegos

no exterior e para promoción de novos proxectos

Capítulo I

Obxecto e finalidade das axudas

Artigo 1º.-Obxecto.

O obxecto deste programa é a concesión de axudas destinadas a subvencionar, en todo ou en parte, o investimento en obras de rehabilitación de instalacións ou promoción de novos proxectos, preferentemente de carácter asistencial, que realicen as comunidades galegas no exterior no exercicio de 2003.

Artigo 2º.-Finalidade das axudas.

A finalidade destas axudas é a seguinte:

1. Prestar axuda ás comunidades galegas que posúan patrimonio propio para o seu necesario mantemento ou rehabilitación. As axudas dedicaranse á consegui-la mellora, conservación ou acondicionamento das instalacións das entidades galegas para a mellor prestación dos seus servicios asistenciais, sociais, culturais, educativos, deportivos, etc., destinados ós seus asociados coidando, se é o caso, que atraian a atención dos máis novos e contribúan á súa integración e identificación coas entidades.

2. Prestar axuda ás comunidades galegas que teñan patrimonio propio e que fagan investimentos para proporcionarlles ós seus socios prestacións socioculturais ou deportivas atractivas para a mocidade.

3. Prestar axuda ás entidades que carezan de patrimonio e non teñan posibilidade de afronta-la adquisición de instalacións propias, pero que precisan realizar obras imprescindibles de adecuación nos locais que ocupan.

4. Prestar axuda á promoción de novos proxectos, preferentemente de carácter asistencial ou de asistencia social, tales como residencias, centros hospitalarios, centros de día, novos servicios, etc., que sexan promovidos polas comunidades galegas do exterior, nos seus lugares de asentamento para a atención dos seus asociados.

5. Prestar axudas ás entidades galegas que atenden especificamente á terceira idade, para que poidan acondicionar locais dentro das súas instalacións, co obxectivo de habilitar fogares diúrnos, con servicio de cafetería e comedor, onde os galegos emigrantes de maior idade poidan realizar actividades de convivencia, de terapia ocupacional, ou de carácter lúdico, recreativo ou cultural.

Artigo 3º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas axudas as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

Capítulo II

Competencia e procedemento

Artigo 4º.-Competencia.

A competencia para coñecer e resolve-las solicitudes de axudas e subvencións presentadas ó abeiro desta orde correspóndelle ó conselleiro de Emigración.

Artigo 5º.-Solicitudes e prazo.

1. As solicitudes de axudas e subvencións dirixiranse ó órgano competente, en concreto, á Consellería de Emigración (Rúa Os Basquiños, 2, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña), e presentaranse por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro,de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 31 de marzo de 2003.

Artigo 6º.-Documentación.

As solicitudes deberán presentarse nos modelos normalizados que figuran como anexo I desta orde,

e irán acompañadas de follas adicionais para o desenvolvemento dos puntos que se consideren necesarios, así como da seguinte documentación que se relaciona:

a) Proxecto ou memoria complementaria correspondente ás obras previstas, onde figure ademais a xustificación dos puntos recollidos nas distintas alíneas do artigo 7.

b) Orzamento detallado das accións para os que se solicita a axuda.

c) Declaración do conxunto de tódalas subvencións solicitadas ou concedidas, para o mesmo proxecto para o que se solicita a axuda, das distintas administracións públicas competentes, ou, de se-lo caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións.

d) Certificación da entidade bancaria de que o solicitante é titular da conta.

Tódalas solicitudes poderán vir acompañadas de calquera outra documentación complementaria que se considere adecuada para unha mellor valoración.

Artigo 7º.-Criterios de valoración.

A Consellería de Emigración avaliará as solicitudes presentadas en función dos criterios de valoración e gradación destes de acordo coa seguinte orde de prioridades:

1. Na valoración de necesidades das actuacións propostas consideraranse prioritarios os proxectos presentados que teñan como finalidade xustificada a integración institucional e de medios que posibiliten a consolidación e pervivencia dos patrimonios e das institucións galegas no exterior.

2. Os servicios destinados pola entidade galega a asociados e emigrantes galegos en xeral durante os tres últimos exercicios en función da súa natureza socio-asistencial, de integración da xuventude, cultural e asociativa, por esta orde.

3. Finalidade social da acción e número previsto de beneficiarios en relación co orzamento total que supón a actuación de rehabilitación ó novo proxecto promovido.

4. Situación xurídica das instalacións, locais ou edificios nos que se vai realiza-lo investimento, atendendo ó réxime de utilización polos centros, como propietarios ou arrendatarios.

Artigo 8º.-Resolución.

1. As resolucións serán dictadas polo órgano correspondente e notificadas ós interesados, debendo ser sempre motivadas.

2. O prazo máximo para resolver será de seis meses, que comezarán a contar desde a data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo sen que se dictasen as resolucións expresas poderán entenderse desestimadas as solicitudes, de acordo co establecido nos artigos 1 e 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. As resolucións que se dicten neste procedemento esgotan a vía administrativa, e contra elas cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que as dictou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da recepción da correspondente notificación, no caso de resolucións expresas, ou no prazo de 3 meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se entenda producido o acto presunto, no caso de resolucións desestimadas por silencio administrativo, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da recepción da correspondente notificación, no caso de resolucións expresas, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se entenda producido o acto presunto, no caso de resolucións desestimadas por silencio administrativo, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Artigo 9º.-Xustificación e pagamento.

1. A acción subvencionada deberá ser executada dentro do ano 2003.

2. Previo ó pagamento do importe da subvención concedida, as entidades beneficiarias de axudas deberanlle remitir á Consellería de Emigración, dentro do exercicio orzamentario, a seguinte documentación xustificativa:

a) Certificación do secretario da entidade beneficiaria co visto e prace do presidente, na que conste a descrición das accións realizadas na execución do proxecto para o que se concedeu a subvención -mellora, conservación, acondicionamento de instalacións, promoción de novos proxectos, etc.,- facendo consta-los importes investidos, na moeda do país no que estea localizada a entidade, así como a súa equivalencia en euros, se é o caso.

b) Factura ou facturas acreditativas dos gastos realizados pola entidade na execución das actuacións subvencionadas. Estas facturas deberán presentarse ben en documento orixinal, ou ben en fotocopia debidamente compulsada polo secretario da entidade beneficiaria da subvención.

c) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas -tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución- para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

3. Previo ó cobramento do importe da axuda deberase acreditar que o beneficiario está ó día nas súas obrigas tributarias coa comunidade autónoma e estatais, se é o caso, de conformidade co establecido no artigo 78.4º da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e artigo 42 da Lei 6/2002, do 27 de decembro, de oramentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003.

4. Unha vez resolto o expediente, podrán efectuarse pagamentos parciais ou ben autorizarse anticipos de

pagamento ata a contía máxima prevista para subvencións de capital no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, e de acordo cos requisitos que nel se establecen nos seus artigos 16 e seguintes. O resto do importe librarase no momento da completa xustificación por parte dos beneficiarios do cumprimento da finalidade para a que se concedeu a axuda e demais condicións esixidas nesta orde.

Artigo 10º.-Obrigas dos beneficiarios.

Con carácter xeral, os beneficiarios de axudas e subvencións correspondentes ós programas convocados pola presente orde quedan obrigados a:

-Someterse ós requisitos legais e regulamentarios que recolla a normativa xeral de aplicación ás axudas de subvencións da Xunta de Galicia, así como ás actuacións de comprobación que respecto da xestión de fondos pode efectua-la entidade concedente e as de control financeiro que realice a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e os procedementos fiscalizadores do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

-Se, por calquera motivo, a actuación programada non se puidese realizar, deberase comunicar á Consellería de Emigración, que poderá dispoñer do citado crédito para subvencionar proxectos inicialmente desestimados ou aumenta-la axuda doutros subvencionados parcialmente.

-As entidades beneficiarias de axudas ou subvencións recollidas nesta orde quedarán obrigadas á difusión do confinanciamento por parte da Consellería de Emigración nos actos, documentación e publicacións que realicen, por calquera medio, con motivo da actuación subvencionada.

Artigo 11º.-Modificación da resolución de concesión e revogación.

As entidades beneficiarias das axudas quedan obrigadas a comunicarlle á Consellería de Emigración, no momento en que se produza, calquera alteración dos requisitos esixidos na convocatoria ou de circunstancias sobrevidas que impidan ou dificulten a execución das accións subvencionadas, podendo a consellería adopta-la resolución de modificación da concesión ou de revogación que corresponda.

Procederá a revogación das axudas e subvencións, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a esixencia dos xuros de demora, nos casos e nos termos previstos no artigo 78 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e no Decreto 287/2000.

TÍTULO II

Programa de axudas para mellora-las dotacións

e equipamentos dos centros

Capítulo I

Obxecto e finalidade das axudas

Artigo 12º.-Obxecto.

O obxecto deste programa é a concesión de axudas destinadas a subvencionar total ou parcialmente:

a) A dotación de mobiliario e equipamentos que contribúan a mellora-las condicións asistenciais,

culturais, educativas, etc. das comunidades galegas no exterior, en beneficio dos seus asociados galegos.

b) A adquisición de equipos tecnolóxicos que contribúan a mellora-las comunicacións das entidades galegas con Galicia e entre elas mesmas, posibilitando un eficiente fluxo de información. Tamén se apoiará a axilización da xestión interna ás entidades coa dotación de equipos informáticos.

c) A adquisición de instrumentos musicais e material necesario para mellora-lo equipamento dos grupos de folclore de comunidades galegas. Neste caso, o importe da axuda non poderá ser superior a 2.000 A.

Artigo 13º.-Finalidade das axudas.

A finalidade destas axudas é a seguinte:

1. Apoia-las entidades que teñan patrimonio propio e que desenvolvan actividades socio-asistenciais destinadas á poboación de maior idade e menos recursos. Estas axudas destinaranse, fundamentalmente, á adquisición de equipamentos tecnolóxicos de carácter sanitario.

2. Facer realmente efectivos os dereitos de información e comunicación que concede ás comunidades galegas a Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade:

-Mediante o apoio económico na adquisición de medios actualizados que melloren a comunicación das comunidades galegas entre estas e con Galicia.

-Coa axuda para a adquisición de equipos audiovisuais polas comunidades galegas que posibiliten actividades educativas e culturais ós seus asociados galegos. Inclúese especialmente neste punto a adquisición e instalación nos centros de sistemas de equipos de comunicación en liña e de videoconferencias así como de recepción vía satélite, antenas, etc., que permitan a transmisión ós seus asociados dos programas de radio e televisión españois destinados ou abertos ó exterior.

-Subvencionando a adquisición de equipos informáticos polas entidades galegas coa finalidade de moderniza-la súa xestión interna, a conexión a Internet e a comunicación por correo electrónico, permitindo, así mesmo, o acceso a bases de datos que posibiliten o coñecemento en xeral, e o acercamento e difusión da realidade de Galicia en particular.

-Subvencionando os investimentos de carácter inmaterial e especificamente destinados á creación de páxinas web que permitan unha maior información e acceso ós servicios da entidade.

3. Apoia-las comunidades galegas que necesitan dotar de equipamentos, mobiliario, equipos tecnolóxicos, instrumentos e material ás súas sedes e grupos culturais para atende-los seus propios fins mediante a realización de actividades asistenciais, educativas, culturais e sociais.

Artigo 14º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas axudas as entidades que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

Capítulo II

Competencia e procedemento

Artigo 15º.-Competencia.

A competencia para coñecer e resolve-las solicitudes de axudas e subvencións presentadas ó abeiro desta orde correspóndelle ó conselleiro de Emigración.

Artigo 16º.-Solicitudes e prazo.

1. As solicitudes de axudas e subvencións dirixiranse ó órgano competente, en concreto, á Consellería de Emigración (Rúa Os Basquiños, 2, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña), e presentaranse por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro,de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 31 de marzo de 2003.

Artigo 17º.-Documentación.

As solicitudes deberán presentarse nos modelos normalizados que figuran como anexo II desta orde, e irán acompañadas de follas adicionais para o desenvolvemento dos puntos que se consideren necesarios, así como da seguinte documentación que se relaciona:

a) Nos supostos dos puntos a) e b) do artigo 12 deste programa, as solicitudes de axuda por un importe do gasto superior a 3.000 euros, acompañaranse necesariamente do orzamento ou orzamentos correspondentes realizados polos provedores ós que se prevé adquiri-los equipamentos obxecto de subvención.

b) Declaración do conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para as adquisicións para as que se solicita a axuda, das distintas administracións públicas competentes, ou, de se-lo caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións.

c) Certificación da entidade bancaria de que o solicitante é titular da conta.

Artigo 18º.-Criterios de valoración.

A Consellería de Emigración avaliará as solicitudes presentadas en función dos criterios de valoración e gradación destes de acordo coa seguinte orde de prioridades:

1. Para as axudas recollidas nas alíneas a) e b) do artigo 12, finalidade social da actuación programada e número previsto de beneficiarios directos en relación cos servicios socio-asistenciais, de integración da xuventude, culturais e asociativos que vén prestando a entidade.

2. No suposto da alínea c) do artigo 12, número de socios da entidade solicitante e de compoñentes do grupo.

3. Orzamento total que supoña o equipamento ou a adquisición de mobiliario, instrumentos ou material.

Artigo 19º.-Resolución.

1. As resolucións serán dictadas polo órgano correspondente e notificadas ós interesados, debendo ser sempre motivadas.

2. O prazo máximo para resolver será de seis meses, que comezarán a contar desde a data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo sen que se dictasen as resolucións expresas, poderán entenderse desestimadas as solicitudes, de acordo co establecido nos artigos 1 e 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. As resolucións que se dicten neste procedemento esgotan a vía administrativa, e contra elas cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que as dictou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da recepción da correspondente notificación, no caso de resolucións expresas, ou no prazo de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se entenda producido o acto presunto, no caso de resolucións desestimadas por silencio administrativo, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da recepción da correspondente notificación, no caso de resolucións expresas, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se entenda producido o acto presunto, no caso de resolucións desestimadas por silencio administrativo, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Artigo 20º.-Xustificación e pagamento.

1. A acción subvencionada deberá ser executada dentro do ano 2003.

2. Previo ó pagamento do importe da subvención concedida, as entidades beneficiarias de axudas deberanlle remitir á Consellería de Emigración, dentro do exercicio orzamentario, a seguinte documentación xustificativa:

a) Certificación do secretario da entidade beneficiaria, co visto e prace do presidente, na que consten as adquisicións realizadas de equipamentos tecnolóxicos de carácter sanitario, comunicación, informática y de carácter inmaterial destinados á creación de páxinas web, así como de equipamentos, moblaxe, equipos tecnolóxicos, instrumentos ou material para as súas sedes e grupos culturais, realizadas en execución do previsto na solicitude de subvención. Faranse consta-los importes investidos, na moeda do país no que estea localizada a entidade, así como a súa equivalencia en euros, se é o caso.

b) Factura ou facturas acreditativas dos gastos realizados pola entidade referidas as adquisicións efectuadas en execución da subvención concedida. Estas facturas deberán presentarse ben en documento orixinal, ou ben en fotocopia debidamente compulsada polo secretario da entidade beneficiaria da subvención.

c) Unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas -tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución- para un mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

3. Previo ó cobramento do importe da axuda deberase acreditar que o beneficiario está ó día nas súas obrigas tributrias coa comunidade autónoma, e estatais, se é o caso, de conformidade co establecido no artigo 78.4º da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e artigo 42 da Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003.

4. Unha vez resolto o expediente, poderán efectuarse pagamentos parciais ou ben autorizarse anticipos de pagamento ata a contía máxima prevista para subvencións de capital, no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, e de acordo cos requisitos que nel se establecen nos seus artigos 16 e seguintes. O resto do importe librarase no momento da completa xustificación por parte dos beneficiarios do cumprimento da finalidade para a que se concedeu a axuda e demais condicións esixidas nesta orde.

Artigo 21º.-Obrigas dos beneficiarios.

Con carácter xeral, os beneficiarios de axudas e subvencións correspondentes ós programas convocados pola presente orde quedan obrigados a:

-Someterse ós requisitos legais e regulamentarios que recolla a normativa xeral de aplicación ás axudas de subvencións da Xunta de Galicia, así como ás actuacións de comprobación que respecto da xestión de fondos pode efectua-la entidade concedente e as de control financeiro que realice a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e os procedementos fiscalizadores do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

-Se, por calquera motivo, a actuación programada non se puidese realizar, deberase comunicar á Consellería de Emigración, que poderá dispoñer do citado crédito para subvencionar proxectos inicialmente desestimados ou aumenta-la axuda doutros subvencionados parcialmente.

-As entidades beneficiarias de axudas ou subvencións recollidas nesta orde quedarán obrigadas á difusión do confinanciamento por parte da Consellería de Emigración nos actos, documentación e publicacións que realicen, por calquera medio, con motivo da actuación subvencionada.

Artigo 22º.-Modificación da resolución, concesión e revogación.

As entidades beneficiarias das axudas quedan obrigadas a comunicarlle á Consellería de Emigración, no momento en que se produza, calquera alteración dos requisitos esixidos na convocatoria ou de circunstancias sobrevidas que impidan ou dificulten a execución das accións subvencionadas, podendo a consellería adopta-la resolución de modi

ficación da concesión ou de revogación que corresponde.

Procederá a revogación das axudas e subvencións, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a esixencia dos xuros de demora, nos casos e nos termos previstos no artigo 78 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e no Decreto 287/2000.

Disposicións adicionais

Primeira.-A Consellería de Emigración levará a cabo a función de control, avaliación e seguimento dos programas recollidos nesta orde.

Para realiza-las devanditas funcións poderán utilizarse cantos medios estean á disposición da Consellería de Emigración para comproba-los requisitos esixidos nesta orde e demais normas vixentes que resulten de aplicación, para o cal as entidades ás que van dirixidos os programas regulados nesta orde prestarán toda a colaboración que lles sexa requirida.

Segunda.-A Consellería de Emigración poderá requirir en todo momento a documentación, orixinal ou copia compulsada que se considere necesaria para acreditar mellor o exacto cumprimento das condicións esixidas para as diferentes axudas previstas nesta orde.

Terceira.-O conselleiro de Emigración poderá, sempre que a natureza e tramitación orzamentaria o permitan, amplia-los prazos sinalados na presente orde mediante resolución, sempre que non se prexudiquen dereitos de terceiros.

Esta ampliación non poderá exceder da metade dos prazos consignados nesta orde.

Cuarta.-As subvencións recollidas nos programas a que se refire a presente orde concederanse con cargo á partida orzamentaria 17.02.213-A.780.0 (Transferencias de capital. A familias e institucións sen fins de lucro. Dotación e rehabilitación de centros). O crédito inicialmente outorgado para estas finalidades é de 1.703.000,00 A sen prexuízo das modificacións que legalmente poidan efectuarse ó longo do exercicio.

A concesión das axudas e subvencións estará sempre condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente na Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o director xeral de Emigración para dicta-las resolucións que tecnicamente sexan necesarias para o cumprimento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2003.

Aurelio Miras Portugal

Conselleiro de Emigración