Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Martes, 18 de febreiro de 2003 Páx. 1.896

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación do expediente sancionador ESAD 11/02-LU en materia de residuos, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das admininistracións públicas e do procedemento administrativo común e no Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro (DOG do 6 de febrero), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade (DOG do 22 de abril), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructor deste procedemento a Ángel Rodríguez González, e secretaria a Paloma Quiroga López, funcionarios desta delegación provincial, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente de concorre-los supostos legais).

Os interesados dispoñerán dun prazo de quince días (15), contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para presentar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedementos para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario poñerá fin ó expediente. Para efectualo, deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, sita na Ronda da Muralla, nº 70, 2º baixo.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do

procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Lugo, 21 de xaneiro de 2003.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: ESAD 11/02-LU.

Denunciado: José Berrio Jiménez.

DNI: 14956690.

Enderezo: rúa Otero Pedrayo, nº 46, baixo, Lugo.

Feito denunciado: maltrato a un animal.

Precepto sancionador: artigo 21.1º a) da Lei 1993, de protección de animais.

Cualificación: grave.

Sanción: 3.005,06 euros.