Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Martes, 18 de febreiro de 2003 Páx. 1.895

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica o acordo de iniciación de expediente sancionador en materia de espectáculos públicos AC-EP 555/2002.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que de seguido se menciona o acordo de iniciación dictado nun expediente sancionador por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

Número de expediente: AC-EP 555/2002.

Denunciado: José Antonio Leis Trillo (DNI: 76361947).

Enderezo: avenida de Fernando Blanco, nº 17. Cee.

Establecemento: Nerio.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei orgánica 1/1992.

Precepto sancionador: artigo 28. da Lei orgánica 1/1992.

Sanción: ata 300,51 A.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles ós delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución ós órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º d) da Lei orgánica 1/1992.

Noméase instructora do expediente a Margarita Olmo Bosco, xefa do Servicio de Interior e secretario a Manuel Jesús César Couso, posto base do grupo A, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente notificación, para exerce-lo dereito de audiencia e formular alegacións, presentar documentos ou informacións que coide convenientes na súa defensa e, se é o caso, propoñer proba, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade cos efectos previstos no artigo 8 do Real decreto 1398/1993.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento, no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

En cumprimento do artigo 42.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común -LRXPAC- (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) infórmaselle de que o prazo máximo para resolver e notifica-lo procedemento é de seis meses contados desde o acordo -de conformidade co artigo 20.6º do Real decreto 1398/1993-; e no suposto do vencemento do prazo sen ter dictado resolución producirase a caducidade do procedemento co arquivo das actuacións, segundo sinala o artigo 44.2º da LRXPAC.

Informámolo igualmente de que a tramitación do expediente realízase nesta delegación provincial da

Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, sita en Fernando Macías 18-1º, da Coruña.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2003.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña