Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Martes, 18 de febreiro de 2003 Páx. 1.896

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 23 de xaneiro de 2003, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado resolución emitida polo delegado provincial de expediente de desafiuzamento por non ocupación derivado de regularización (expediente 41/2001).

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO, aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ó interesado, cos datos e último enderezo sinalado no anexo as resolucións de pleno dereito dos contratos das vivendas que lle foi adxudicada por non destinar esta a domicilio habitual e permanente, rematando así os expedientes de desafiuzamento ó amparo do disposto no artigo 30.6º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro e no artigo 138.6º do Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de vivendas de protección oficial.

Contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Pública e Vivenda no plazo dun mes a contado desde o día seguinte ó da súa publicación.

E para que conste e lle sirva de notificación ó interesado en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 23 de xaneiro de 2003.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente de desafiuzamento: 41/2001.

Expedientado: Manuel García Rodríguez e herdeiros.

Último domicilio coñecido: avda. 19 de Febreiro, bloque 2, P-2, 1º esqda. Serantes (Ferrol).

(Expediente C-79, conta 81).