Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Luns, 17 de febreiro de 2003 Páx. 1.812

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PORTOMARÍN

ANUNCIO.

De conformidade co acordo pleno, adoptado na sesión celebrada o 30 de decembro de 2002, e conforme as previsións do artigo 110 do vixente Regulamento de bens das entidades locais, faise público que durante quince días hábiles, contados a partir da publicación do presente anuncio no BOP e no DOG, exponse ó público para efectos de reclamacións, o expediente tramitado para ceder gratuitamente á Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo o ben inmoble urbano coñecido como refuxio de peregrinos, situado na Travesía de Lugo, s/n cunha superficie de parcela de 705 m, con destino a refuxio de peregrinos.

O que se fai público para os efectos pertinentes.

Portomarín, 21 de xaneiro de 2003.

Eloy Rodríguez López

Alcalde