Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Luns, 17 de febreiro de 2003 Páx. 1.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PORTOMARÍN

ANUNCIO da proposta fixación de criterios para a venda de parcelas no polígono industrial de Portomarín.

Parcela máxima: 30.000 m.

Parcela mínima: 500 m.

Prezo mínimo: 1,80 euros por m para empresas con compromiso de creación de alomenos dez postos de traballo.

Prezo normal: 6 euros m para empresas con menos de dez postos de traballo.

Condicións: empresas que se comprometan á execución e inicio das obras farano nun prazo máximo de 36 meses desde a adquisición dos terreos e inicio da actividade unha vez finalizado o prazo de execución das obras e seis meses máis. Se non o fixesen os terreos revertirán o concello.

Resto de condicións: o resto das condicións están expostas na secretaría deste concello.

Portomarín, 22 de novembro de 2002.

Eloy Rodríguez López

Alcalde