Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Luns, 17 de febreiro de 2003 Páx. 1.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTECESO

ANUNCIO.

Iniciado o expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta para a ocupación dos bens necesarios para a realización das obras do paseo marítimo fluvial en Ponteceso, 2ª fase, T.M. de Ponteceso (A Coruña), o seu proxecto técnico das cales foi aprobado o pleno corporativo na sesión que tivo lugar o día 26-8-2002. Faise pública a relación de propietarios e bens afectados, así como o proxecto de expropiación, durante o prazo dun mes, para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que con

sideren convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos, segundo determina o artigo 143.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Relación de bens afectados.

Nome do propietario: Jaime Valdés Parga, por herdanza do seu pai, Cesáreo Valdés Abente; Mª Teresa Parga Pondal, por herdanza da sua nai, Matilde Pondal, e con posterioridade os seus fillos: Matilde, Jaime, Mª Lourdes; Mª Teresa, Mª de las Mercedes e Eduardo Valdés Parga.

Domicilio: de Jaime Valdés Parga, na Coruña, na rúa Teresa Herrera, nº 3-4ºD.

Descrición do predio: inculto. que se chama Parte de Debaixo da Estrada.

Situación: Cospindo (Ponteceso).

Lindes: norte: estrada Ponteceso a Corme.

Sur: río Anllóns.

Leste: marisma terrestre con areas.

Oeste: xuncal Meán dos señores Valdés.

Superficie: catro áreas e oitente e catro centiáreas (484 m).

O valor do metro cadrado de terreo estímase nun euro (1 euro/m). Multiplicado pola superficie obtemos un valor resultante final de catrocentos oitenta e catro euros (484 euros).

Ponteceso, 31 de xaneiro de 2003.

José Luis Fondo Aguiar

Alcalde