Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Luns, 17 de febreiro de 2003 Páx. 1.812

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA

ANUNCIO de licitación por concurso.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Rairiz de Veiga.

2. Obxecto do contrato: subministración de materiais para a execución da obra de rede de sumidoiros en Xuxá, Eidobispo, Celme, Forxás.

3. Tramitación: urxente; procedemento de adxudicación: aberto; forma de adxudicación: concurso.

4. Tipo máximo de licitación: 31.507,51 A.

5. Garantía provisional: 630,15 A; garantía definitiva: 4 por 100 do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: secretaría do concello. Praza do Concello, nº 1, 32652 Rairiz de Veiga. Teléfono: 988 46 55 52. Fax: 988 46 55 55.

Data límite: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos do contratista: os establecidos no punto 4 do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas. Prazo: oito días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG, se ese día fose inhábil ou sábado o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte. Documentación: a esixida no prego de cláusulas administrativas. Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Rairiz de Veiga, situado na praza do Concello, nº 1 de Rairiz de Veiga (Ourense). CP: 32652, das 9 ás 14 horas.

9. Apertura de ofertas: terá lugar ás trece horas do terceiro día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións (se o devandito día coincide en sábado a apertura terá lugar

o seguinte día hábil) no salón de plenos deste concello.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario ata un máximo de 300 A.

Rairiz de Veiga, 4 de febreiro de 2003.

O alcalde

Rubricado