Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Luns, 17 de febreiro de 2003 Páx. 1.809

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 29 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 329/2002, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 3 de decembro de 2002, a delegada provincial da Consellería de Sanidade da Coruña dictou acordo de inicio do expediente sancionador nº 329/2002, incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade da Coruña, a Inversiones Altema, S.A.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e ó abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Inversiones Altema, S.A., o contido do referido acordo, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ó abeiro do disposto no numero 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación provincial, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña, e obter, de se-lo caso, copia deste, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Apercíbese tamén de que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2003.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 329/2002.

Denunciado: Inversiones Altema, S.A.

DNI/NIF: A-36018463.

Último enderezo coñecido: Rúa do Aro. Mera. Oleiros.

Feito imputado: infraccións á lexislación aplicable en materia de restauración colectiva.

Precepto/s presuntamente infrinxido/s: artigo 35.A.3 da Lei 14/1986, xeral de sanidade; artigos 2.1º.1; 2.2º do R.D. 1645/1983 sobre infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria; apartados 3.2 e 6.2 do R.D. 3484/2000, sobre normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas; os capítulos I e II do R.D. 2207/1995, sobre normas de hixiene relativas ós productos alimenticios e e os artigos 2 e 7.3º do R.D. 202/2000, sobre manipuladores de alimentos.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 450,76 euros. Catrocentos cincuenta euros con setenta e seis céntimos.