Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Luns, 17 de febreiro de 2003 Páx. 1.810

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, con data do 5 de setembro de 2002, acordou aprobar inicialmente o Plan Especial de Protección e Ordenación do conxunto histórico-artístico de Sargadelos, Concello de Cervo (Lugo), elaborado polo equipo redactor Andrés Fernández-Albalat Lois, José Manuel Calderón Rodríguez, Xoán Carmona Badía, Cristóbal Crespo González e Andrés Fernández-Albalat Ruíz, que ten por obxecto fundamental a protección e mellora dun ámbito que afecta 37,5 h, mediante a recuperación e rehabilitación dos elementos de valor tanto his

tórico-artístico como ambiental, paisaxístico, etc., existentes nel.

Este acordo publicouse no DOG nº 213, do 5 de novembro de 2002, cun período de exposición pública dun mes a partir do día seguinte ó da publicación.

A Comisión de Goberno, con data do 5 de decembro de 2002, acordou ampliar nun prazo de 15 días o prazo de exposición pública.

O que se fai público para xeral coñecemento, para os efectos de que as persoas interesadas poidan examina-lo expediente e formular cantas alegacións consideren pertinentes en defensa do seu dereito no prazo dito de 15 días a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente atópase de manifesto nas oficinas técnicas do Concello de Cervo.

Cervo, 9 de xaneiro de 2003.

José Insua Pernas

Alcalde