Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Luns, 17 de febreiro de 2003 Páx. 1.809

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 29 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 120/2002, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 20 de xaneiro de 2003, a delegada provincial da Consellería de Sanidade da Coruña dictou resolución do expediente sancionador 120/2002 incoado na delegación provincial da Consellería de Sanidade da Coruña a Carlos Canedo Ríos.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5º do referido artigo, notifícaselle a Carlos Canedo Ríos o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contardo desde o día seguinte ó da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación provincial, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2003.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 120/2002.

Denunciado: Carlos Canedo Ríos.

DNI/NIF: 76335072.

Último enderezo coñecido: Violetas, bloque 35. Barrio das Flores. A Coruña.

Feito imputado: infraccións á lexislación aplicable en materia de restauración colectiva.

Preceptos infrinxidos: artigo 35.A.3 da Lei 14/1986, xeral de sanidade; artigos 2.1º.1; 2.2º do Real decreto 1945/1983 sobre infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor; Real decreto 3484/2000 polo que se establecen as normas de hixiene relativas á elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas, e Real decreto 2207/1995 polo que se establecen as normas de hixiene relativas ós productos alimenticios.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 150,25 euros. Cento cincuenta euros con vintecinco céntimos.