Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Luns, 17 de febreiro de 2003 Páx. 1.808

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude como recurso da sección B, das balsas de lodos na concesión Santa Bárbara.

A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, de Industria e Comercio en Lugo, fai saber que Dielten, S.L., con domicilio en República Argentina, nº 1 entreplanta, Ponferrada (León), presentou nesta delegación provincial, o día 2 de maio de 2002, a solicitude de clasificación como recurso da sección B, a balsa de lodos da antigua mina de extracción de minerais chumbo e cinc sitas na parroquia de Zanfoga e Rubiais, concello de Pedrafita do Cebreiro. As súas coordenadas UTM son: x=660.850, y=4.726.850.

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, co fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer no expediente dentro do prazo de trinta días,

de conformidade co establecido no artigo 46.2º do Regulamento xeral para o réxime da minería.

Lugo, 29 de xaneiro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo