Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Luns, 17 de febreiro de 2003 Páx. 1.808

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/236-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Rubiós I-Rabelo.

Situación: Concello das Neves.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 190 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde o apoio nº 173 da L.M.T. Salvaterra-Taboexa-Batalláns, ata enlazar coa L.M.T. subterránea que se proxecta ó C.T. Rabelo, no concello das Neves. L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 20 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio nº 2 da L.M.T. aéra anterior, ata o C.T. que se proxecta no Rabelo, de 250 kVA, R.T. 20 KV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 2.011 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., desde o C.T. do Rabelo.

Realizada a información pública e a comunicación individual ó único afectado pola instalación, este

non presentou alegacións no prazo establecido para iso.

Vistos e cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos II e V do R.D. 1955/2000, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública da instalación e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita os bens afectados, así como a aprobación do proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axusturán en tódolas súas partes ás que figuran nel e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do R.D. 1955/2000, será de doce meses a partir da recepción da presente resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 13 de xaneiro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra