Con data do 18 de decembro de 2002, a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude manifestou o seu interese en que lle sexa adscrito o inmoble situado en Roxos, parroquia de Villestro, coñecido como a antiga residencia do presidente da Xunta de Galicia, para ser destinada a centro de reeducación de menores.
Con data 22 de xaneiro de 2003, a Secretaría Xeral e do Patrimonio emitiu informe favorable da mutación demanial do dito inmoble.
Ó abeiro do artigo 12 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta e un de xaneiro de dous mil tres,
DISPOÑO:
Artigo único.-Acórdase a mutación de destino dun inmoble situado en Roxos, parroquia de Villestro, termo municipal de Santiago de Compostela, composto por unha casa e terreo, que ocupan unha superficie de 2.245 m, e que a Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado destinará a centro de reeducación de menores.
Disposición derradeira
A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade deste decreto.
Santiago de Compostela, trinta e un de xaneiro de dous mil tres.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
José Antonio Orza Fernández
Conselleiro de Economía e Facenda