Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Luns, 17 de febreiro de 2003 Páx. 1.721

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 7 de febreiro de 2003 pola que se designan tres vocais da comisión de selección dos participantes nos dous cursos para a obtención do diploma de directivo, convocados mediante resolución do director da Escola Galega de Administración Pública do 29 de novembro de 2002.

O artigo 6º do Decreto 294/1992, do 10 de setembro, modificado polo Decreto 1/1995, do 12 de xaneiro (DOG nº 9, do 13 de xaneiro) e 319/1996, do 26 de xullo (DOG nº 153, do 6 de outubro) polo que se regula o diploma de directivo, establece que a comisión que selecciona os aspirantes a participar

nos cursos para a obtención do citado diploma estará integrada, entre outros membros, por tres vocais designados polo conselleiro da Presidencia e Administración Pública. En virtude do anterior,

DISPOÑO:

Artigo único.-Designar como vocais da comisión que levará a cabo a selección dos participantes nos dous cursos para a obtención do diploma de directivo, convocados mediante resolución do director da Escola Galega de Administración Pública, do 29 de novembro de 2002, as seguintes persoas:

-Pablo González Mariñas, profesor titular de dereito administrativo da Universidade de Santiago de Compostela.

-Jaime Bouzada Romero, inspector xeral de Servicios da Xunta de Galicia.

-Alfonso Rueda de Valenzuela, director xeral de Administración local.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública