Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Venres, 14 de febreiro de 2003 Páx. 1.715

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2003 pola que se convoca un concurso, con procedemento aberto para a contratación da asistencia á deputación para a realización dunha campaña de publicidade para promociona-la Semana Santa de Ferrol. (Expediente 972/2003 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: contratación da asistencia á deputación para a realización dunha campaña de publicidade para promociona-la Seman Santa de Ferrol.

Lugar de execución: provincia da Coruña.

Prazo de execución: ata o 30 de abril de 2003 contado desde o día seguinte da data de formalización da contratación en documento administrativo.

Forma de adxudicación: concurso.

Orzamento: o orzamento máximo da campaña será de 36.000 A (IVE incluído), destinándose ata un máximo de 3.000 A (IVE incluído) para a realización dos deseños e ata un máximo de 33.000 A (IVE incluído) para a xestión dos medios.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do orzamento da adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: data límite ata as 13 horas do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 4 de febreiro de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña