Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Venres, 14 de febreiro de 2003 Páx. 1.716

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

EXTRACTO da convocatoria, bases xerais e específicas das prazas do cadro de persoal laboral que se relacionan, para prover polo sistema de concurso-oposición, acceso libre, vacantes na relación de postos de traballo para 2002 da Deputación Provincial de Lugo.

No BOP de Lugo número 285, do 13 de decembro de 2002, publícase a convocatoria así como as bases xerais e específicas para a provisión das prazas do cadro de persoal laboral, que a continuación se relacionan, correspondentes á oferta de emprego para o ano 2002 para prover, polo sistema de concurso-oposición, acceso libre.

Nº de prazas: 2.

Denominación: auxiliar de enfermería.

Grupo: D.

Nº de prazas: 3.

Denominación: celador/a.

Grupo: E.

Nº de prazas: 7.

Denominación: obreiro/a.

Grupo: E.

Presentación de instancias: serán dirixidas ó presidente da Deputación Provincial de Lugo, no modelo que se facilitará no rexisto xeral desta deputación provincial. Presentaranse no rexistro xeral desta entidade, ou na forma prevista no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Prazo de presentación: vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.

Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios que se deriven da convocatoria se publicarán no BOP de Lugo e/ou no taboleiro de edictos desta corporación.

Lugo, 13 de decembro de 2002.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo