Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Venres, 14 de febreiro de 2003 Páx. 1.715

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2003 pola que se convoca un concurso con procedemento aberto para a contratación da realización dunha campaña de publicidade para a difusión da XIII Edición da Mostra do Encaixe de Camariñas, que terá lugar desde o 16 ó 20 de abril de 2003, e a promoción da Costa da Morte durante a Semana Santa. (Expediente 971/2003 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: contratación da realización dunha campaña de publicidade para a difusión da XIII Edición

da Mostra do Encaixe de Camariñas, que terá lugar desde o 16 ó 20 de abril e a promoción da Costa da Morte durante a Semana Santa.

Lugar de execución: provincia da Coruña.

Prazo de execución: ata o 30 de abril de 2003, contado desde o día seguinte da data de formalización do contratación en documento administrativo.

Forma de adxudicación: concurso.

Orzamento: o orzamento máximo do contrato será a cantidade de 120.000 A (IVE incluído), destinándose ata un máximo de 14.000 A (IVE incluído) para a realización dos traballos creativos e o resto, é dicir, de 106.000 A (IVE incluído) para a compra dos medios.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do orzamento da adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: data límite ata as 13 horas do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 4 de febreiro de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña