Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Venres, 14 de febreiro de 2003 Páx. 1.714

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de estatutos e bases de actuación para a constitución e funcionamento da xunta de compensación do PERI II-05 Rocío (expediente 4359/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo, en sesión do 19 de decembro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de bases de actuación e estatutos para a constitución e funcionamento da xunta de compensación do polígono único delimitado para a execución do PERI II-05 Rocío (expediente 4359/401), presentado con data 29 de abril de 2002, no rexistro xeral da xerencia Municipal de Urbanismo por Manuel Ventura Fernández Fernández, como representante da comisión xestora do devandito polígono.

Segundo.-Procédase á publicación do presente acordo no DOG e notifíquese individualmente a tódolos propietarios do ámbito.

Terceiro.-Requirirase os propietarios do polígono para que soliciten, se o desexan e non o fixeran nun momento anterior, a súa incorporación con igualdade de dereitos e obrigas á xunta de compensación dentro do prazo dun mes a partir da notificación do presente acordo advertíndolles expresamente que, no caso de non incorporarse, os seus predios poderán ser obxecto de expropiación ou de ocupación directa en beneficio da xunta de compensación.

Cuarto.-Indicar á comisión xestora que a xunta de compensación se deberá constituír no prazo máximo de tres meses, desde que sexa firme en vía administrativa o presente acordo e que segundo decreto da Alcaldía-Presidencia de data 28 de xullo de 2000, o representante delegado do concello nas xuntas de compensación é o concelleiro Xabier Toba Girón e o suplente Amador Fernández Fernández.

Contra o devandito acordo que pon fin á vía administrativa poderán interpoñerse os seguintes recursos:

a) Potestativo de reposición ante o Consello da Xerencia Muncipal de Urbanismo de Vigo no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio.

b) Contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou intentada esta non se puidese practicar.

Vigo, 8 de xaneiro de 2003.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo