Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Venres, 14 de febreiro de 2003 Páx. 1.714

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2003 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é a realización das obras incluídas no proxecto de reforma das instalacións

de iluminación pública na rúa de Madrid (polígono das Fontiñas), redactado polo servicio municipal de proxectos e obras.

Tipo de licitación: 83.506,75 euros IVE incluído.

Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será de 2 meses contados a partir da data da acta de comprobación do replaneamento.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral do Concello de Santiago de Compostela en horas de 9 a 14, dentro do prazo de trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Información: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación). Telf.: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Documentación: Copy Estudio. R/ Nova de Abaixo, nº 19-21, local 2, tlfno. 981 59 33 85.

Clasificación: non se esixe.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no punto 15.3.3 do prego de cláusulas administrativas.

Garantías: provisional: 2% do tipo de licitación: 1.670,14 euros. Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello (Secretaría) ás 12 h, o día hábil seguinte, non sábado, ó remate do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2003.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde