Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Venres, 14 de febreiro de 2003 Páx. 1.705

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/193-2, 5968 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a infor

mación pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27000 Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. subterránea para edific. en rúa Yáñez Rebolo.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas: L.M.T.S. a 20 kV, cunha lonxitude de 306 m, conductor tipo R.H.Z., con orixe no C.T. Guillén e final no C.T. G. Abad. C.T. de 630 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. L.B.T.S. con lonxitude de 30 m e conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 27 de decembro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo