Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Venres, 14 de febreiro de 2003 Páx. 1.705

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia o outorgamento da concesión de explotación Don Rufino 13.568.3-1 León-Ourense.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense da a coñecer que, por resolución da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas do Ministerio de Economía, se outorgou a favor da Compañía Española de Industrias Electroquímicas, S.A. (CEDIE) a concesión de explotación Don Rufino 13.568.3-1 e a súa demasía, de 4 cuadrículas mineiras, nos concellos de Sobrado (León) e Rubiá (Ourense).

A concesión quedará suxeita ás condicións da declaración ambiental acordadas por Resolución do 12 de maio de 1998 (BOE do 30 de xuño).

O que se fai público para o seu xeral coñecemento con cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para a minería.

Ourense, 30 de decembro de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense