Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.
Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27000 Lugo.
Denominación: L.M.T., C.T. Río Grande e enlace R.B.T. en Cuvelas.
Situación: Ribadeo.
Descricións técnicas: L.M.T.A. a 20 kV, conductor tipo LA-56, con orixe en L.M.T. a C.T. S. Vicente e final en C.T.I. Río Grande, con lonxitude e 92 m. C.T.I. con 50 kVA de potencia e relación de transformación de 20.000/380-220 V. L.B.T.A. de 100 m de lonxitude, conductor tipo R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Lugo, 27 de decembro de 2002.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo