Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Venres, 14 de febreiro de 2003 Páx. 1.667

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 6 de febreiro de 2003 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para fomenta-lo cesamento anticipado na actividade agraria e se convocan para o ano 2003.

A elevada idade media dos seus titulares e a súa escasa dimensión son dous dos principais problemas que condicionan a competitividade das explotacións agrarias galegas. A adaptación a novas tecnoloxías de producción e o emprego de medios e sistemas modernos é máis difícil con titulares de explotacións de idade avanzada, con escasos coñecementos técnicos e excesivo apego ós métodos de cultivo ou cría do gando tradicionais. Así mesmo, o incremento da renda dos agricultores está directamente relacionado coa producción final da súa explotación e esta producción final depende, á súa vez, do seu tamaño.

Por tanto, unha vía de mellora da renda dos agricultores é o incremento da dimensión tanto física coma económica da súa explotación. En relación co anterior, o Regulamento (CE) 1257/1999, do Consello, do 17 de maio, sobre axudas ó desenvolvemento rural a cargo do Fondo Europeo de Orientación e Garantía Agrarias (FEOGA), establece no seu título II,

capítulo IV e nos artigos 10 ó 12, unha medida para favorece-lo cesamento anticipado na actividade agraria. As disposicións de aplicación prevense no Regulamento (CE) 445/2002, da Comisión, do 26 de febreiro.

A aplicación do dito programa no ámbito estatal está regulado, a excepción do País Vasco e Navarra, nos reais decretos 5/2001, do 12 de xaneiro, polo que se establece un réxime de axudas para o fomento do cesamento anticipado na actividade agraria, e 708/2002, do 19 de xullo, polo que se establecen medidas complementarias ó programa de desenvolvemento rural para as medidas de acompañamento da política agraria común.

As axudas ó cesamento anticipado na actividade agraria pretenden incentivar, de xeito conxunto, o proceso de rexuvenecemento dos titulares de explotacións agrarias e o incremento da dimensión destas, outorgando unha renda ós agricultores e traballadores ou familiares de maior idade que cesan na actividade agraria transferindo a totalidade ou parte da súa explotación a titulares máis novos, que ven así incrementada a dimensión tanto en superficie como económica dela, ou ben a agricultores mozos sen explotación preexistente, que recibindo unha explotación incrementan a súa dimensión económica e/ou física e as súas posibilidades de mellora-la renda dispoñible, ou ben a titulares de actividades destinadas á preservación e/ou mellora do medio e do espacio rural.

Con base no anterior, esta orde establece, de conformidade co previsto no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, así como no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, as bases reguladoras das axudas para o cesamento anticipado na actividade agraria, así como a súa convocatoria para o ano 2003.

De acordo co Decreto 50/2002, do 14 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, correspóndelle á Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria a función de autorización do pagamento das axudas previstas nesta orde, tendo a consideración de organismo de dirección do organismo pagador conforme o Decreto 359/1996, do 13 de setembro, polo que se constitúe o organismo pagador dos gastos relacionados coa política agraria común, modificado polo Decreto 93/1998, do 20 de marzo.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988 e o Decreto 50/2002, do 14 de febreiro,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto e ámbito de aplicación.

1. Esta orde ten por obxecto establece-las bases reguladoras das axudas para o cesamento anticipado

na actividade agraria, así como a súa convocatoria para o ano 2003.

2. Estas axudas serán de aplicación en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sección primeira

Bases reguladoras das axudas ó cesamento

anticipado

Artigo 2º.-Definicións.

Para os efectos de aplicación destas axudas enténdese por:

a) Cedente ou cesionista: o agricultor que cese definitivamente na actividade agraria con fins comerciais e ceda a súa explotación ben a un cesionario ou ben a un servicio de transmisión.

b) Cesionario agrario: a persoa física ou xurídica, que suceda ó cedente á fronte da explotación agraria e que, con tal motivo, amplíe o tamaño desta, ou que tome, en todo ou en parte, as terras cedidas polo cedente para ampliar así a súa propia explotación. Inclúense no concepto de cesionario agrario os agricultores mozos.

c) Traballadores da explotación: as persoas que exerzan a súa actividade na explotación do cedente, sexan membros da familia do titular ou asalariadas e cesen definitivamente na actividade agraria.

d) Cesionario non agrario: a persoa ou entidade que se faga cargo das terras cedidas para destinalas a usos forestais, a creación de reservas ecolóxicas ou a outros usos non agrarios.

e) Titular da explotación: a persoa física ou xurídica que exerce a actividade agraria organizando os bens e dereitos integrantes da explotación con criterios empresariais e asumindo os riscos e responsabilidades civís, sociais e fiscais que poidan derivarse da xestión da explotación.

f) Agricultor a título principal: o agricultor profesional que obteña alomenos o 50 por 100 da súa renda total da actividade agraria exercida na súa explotación e que o tempo de traballo dedicado a actividades non relacionadas coa explotación sexa inferior á metade do seu tempo de traballo total.

g) Explotación agraria: o conxunto de bens e dereitos organizados empresarialmente polo seu titular no exercicio da actividade agraria, fundamentalmente con fins de mercado, que constitúe, en si mesma, unha unidade técnico-económica.

h) Hectárea tipo: a superficie comprendida por unha hectárea cunha marxe bruta estándar que é de 300 A ou o seu equivalente en unidades de gando maior (UGM). Para os efectos de converte-la dimensión física da explotación ó concepto unitario de hectárea tipo, aplicaranse as táboas de marxe bruta estándar (MBE) rexionalizadas para España e aprobadas mediante a comunicación da Comisión Europea nº 2000/C179/01.

i) Unidade de traballo agrario (UTA): o traballo efectuado por unha persoa dedicada a tempo completo, durante un ano, á actividade agraria.

j) Agricultor mozo: a persoa, maior de dezaoito anos e menor de corenta anos, que exerza ou pretenda exerce-la actividade agraria.

Artigo 3º.-Beneficiarios das axudas.

Poderán ser beneficiarios das axudas establecidas nesta orde:

a) Os cedentes ou cesionaistas que cesen definitivamente na activiade agraria.

b) Os traballadores das explotacións dos cedentes que, á vez que estes, cesen definitivamente na actividade agraria.

Artigo 4º.-Requisitos dos cedentes.

Para ser beneficiarios destas axudas, os cedentes deberán cumpri-los seguintes requisitos:

a) Ter cumprido cincuenta e cinco anos de idade, sen acadaren os sesenta e cinco no momento do seu cesamento.

b) Ter exercida a actividade agraria durante os dez anos anteriores ó cesamento.

c) Ter cotizado a calquera réxime do sistema da Seguridade Social un período previo tal que lle permita completar, ó cumpri-los sesenta e cinco anos, polo menos quince de cotización.

d) Estar ó corrente das súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social.

e) Transmiti-la súa explotación, no caso de ser propietario dela, a un cesionario ou ó servicio de transmisión previsto no artigo 9º desta orde.

Artigo 5º.-Requisitos dos cesionarios.

1. Poderán ser cesionarios agrarios as seguintes persoas:

a) As persoas físicas que sexan titulares de explotacións agrarias desde, polo menos, un ano antes da data do cumprimento do cesamento na actividade agraria polo cedente cando reúnan os seguintes requisitos:

-Non ter cumpridos os cincuenta anos de idade no momento do cesamento do cedente.

-Posuír un nivel de capacitación profesional suficiente segundo o indicado no Decreto 247/2000, do 29 de setembro, polo que se aproba o Regulamento de capacitación agraria. No caso de incorporación de agricultor mozo este requisito se abonda co compromiso de acadar, no prazo máximo de dous anos, a dita capacitación.

-Estar dado de alta no réxime especial agrario da Seguridade Social ou no réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos en función da súa actividade agraria e ter cotizado nestes réximes durante un período mínimo dun ano.

-Exercer ou pasar a exercer, como consecuencia do aumento de dimensión da súa explotación, a actividade agraria a título principal.

b) Os traballadores do sector agrario que, non sendo titulares dunha explotación, cumpran os requisitos previstos no punto a) anterior.

c) Os agricultores mozos.

d) As cooperativas e entidades asociativas agrarias.

2. En calquera caso, os cesionarios agrarios teñen que comprometerse a exerce-la actividade agraria a título principal e a mante-la explotación resultante da transmisión, ou explotación equivalente, durante un prazo mínimo de cinco anos. Se antes de transcorrido o dito período o cesionario abandona a actividade agraria, a explotación transmitida deberá poñerse á disposición do servicio de transmisión para a súa reasignación, ata completa-lo período.

3. Para os efectos desta orde, un cónxuxe non poderá ser, en ningún caso, cesionario do outro cónxuxe.

4. Poderán ser cesionarios non agrarios as persoas físicas ou xurídicas que se fagan cargo das terras cedidas para destinalas a usos forestais, a creación de reservas ecolóxicas ou a outros usos non agrarios.

5. Os cesionarios non agrarios deberán acredita-la compatibilidade da actividade proposta cos criterios legais e de respecto e promoción do medio e do espacio rural. Cando esa actividade non agraria teña unha finalidade principalmente económica deberán demostra-la súa viabilidade técnico-económica.

Artigo 6º.-Requisitos dos traballadores.

Para que os traballadores da explotación na que o seu titular cesa na actividade agraria, poidan ser beneficiarios das axudas establecidas nesta orde deberán cumpri-los seguintes requisitos:

a) Ter cumpridos os cincuenta e cinco anos de idade sen acadaren os sesenta e cinco no momento do cesamento do cedente.

b) Ter cotizado a calquera réxime do sistema de Seguridade Social durante un período previo tal que lles permita completar, ó cumpri-los sesenta e cinco anos, polo menos quince de cotización, dos que os dous últimos anteriores ó cesamento teñen que selo sen interrupción.

c) Estar ó corrente das súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social.

d) Ter dedicado á actividade agraria, polo menos, a metade do seu tempo de traballo durante os cinco anos anteriores ó cesamento.

e) Ter traballado na explotación do cedente, como mínimo, durante o tempo equivalente a tres anos de traballo a tempo completo durante os cinco anos anteriores ó inicio do cesamento do antedito titular.

Artigo 7º.-Requisitos das explotacións.

1. Da explotación do cedente:

a) Deberá ter unha dimensión mínima de 12 hectáreas tipo.

b) Non deberá empregar máis de dúas unidades de traballo asalariado, nin estas excede-la achega de man de obra familiar.

c) Non deberá ter experimentado unha reducción na súa superficie superior ó 20 por 100 nos dous últimos anos anteriores á solicitude do cesamento anticipado, agás cando o cesionario sexa fillo do titular e recibira, con anterioridade ó cesamento,

parte da explotación, ou por causa de forza maior debidamente xustificada.

2. Da explotación do cesionario:

a) Para mellora-la viabilidade da explotación resultante, o cesionario debe achegar unha explotación agraria cunha dimensión mínima de 16 hectáreas tipo. Se o cesionario é un agricultor mozo que se instala con motivo do cesamento, ou un traballador, deberá amplia-la explotación que recibe do cedente cunha dimensión mínima equivalente a 12 hectáreas tipo, dentro dos catro anos seguintes á súa instalación.

b) En todo caso, o cesionario agrario entre a explotación que achega e a que recibe do cedente, debe ter unha rendibilidade por UTA igual ou superior ó 35 por 100 da renda agraria de referencia.

3. Por cada solicitude efectuarase unha avaliación para determina-la dimensión económica das explotacións do cedente e do cesionario. Así mesmo realizarase un estudio de viabilidade da explotación resultante mediante o que se avaliará, polo menos, a mellora da súa viabilidade nun período de cinco anos.

Artigo 8º.-Requisitos da transmisión.

1. Para poder acceder ás axudas previstas neste programa deberán cumprirse as seguintes condicións en relación coa transmisión:

a) Nas cesións a cesionarios agrarios ou ó servicio de transmisión, o cedente debe transmiti-la base territorial da súa explotación, así como tódolos dereitos, cotas, cantidades de referencia e concesións administrativas afectas, tanto á parte agrícola como á gandeira, a un ou máis cesionarios agrarios que cumpran os requisitos previstos no artigo 5º.

Non obstante o anterior, o cedente poderá seguir explotando, como máximo, un 10 por 100 da superficie agrícola da súa explotación, sen superar unha hectárea e unha unidade de gando maior, para dedicala ó consumo familiar. Poderá, ademais, dispoñer total ou parcialmente das superficies ocupadas por construccións, sempre que as empregue como vivenda permanente.

b) Agás, se é o caso, as superficies que se conserven en virtude do segundo parágrafo da alínea a) anterior, a explotación, ou a parte que sexa propiedade do cedente, terá que transmitirse en propiedade, ou cedela en arrendamento, por un prazo non inferior a cinco anos e sempre superior ó período de tempo que exista entre a data de cesamento e o momento en que o cedente cumpra sesenta e cinco anos. A transmisión en propiedade ou arrendamento, formalizarase en escritura pública.

Cando o cedente non sexa propietario de toda ou parte da explotación, deberá resolve-los contratos que afecten á actividade productiva dela.

2. As transmisións a cesionarios non agrarios faranse a través do servicio de transmisión.

3. Cando a actividade que vai ser realizada polos cesionarios non agrarios sobre as terras cedidas considere a súa forestación para a producción de madei

ra, a cesión en arrendamento terá que formalizarse cunha duración mínima de 15 anos.

Artigo 9º.-Servicio de transmisión.

1. A Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural é o servicio de transmisión encargado de realiza-las actividades administrativas de mediación entre o cedente e o cesionario. Así mesmo, corresponderalle avaliar e autorizar aquelas solicitudes nas que o destinatario das terras cedidas sexa un cesionario non agrario.

2. Os cedentes que decidan emprega-lo servicio de transmisión indicarán, na súa solicitude, ó dito servicio de transmisión como cesionario. Para estes efectos, o cedente subscribirá contrato de mandato, en modelo oficial, co conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural. No dito contrato indicaranse as parcelas, dereitos de primas gandeiras, cotas, cantidades de referencia para a producción de leite, etc., que ten o cedente e para os que, non dispoñendo de cesionario, desexa ou precisa utiliza-lo servicio de transmisión.

Cando un cedente acollido ó contrato de mandato dispoña dun cesionario, agrario ou non agrario para as terras, e agrario para os dereitos, cotas, cantidades de referencia, etc., deberá realizar unha proposta para a súa aceptación ó servicio de transmisión, achegando a documentación relativa a ese cesionario.

En ningún caso o contrato de mandato poderá implica-la cesión a terceiros dos predios ou dereitos a que se refire o parágrafo anterior sen a confirmación do cedente.

3. A Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural realizará os trámites necesarios para a formalización do contrato de mandato, ofertando, en nome do cedente, os predios obxecto da transmisión, mediante a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da relación de propietarios, predios, superficie destes, concellos nos que se localizan e réxime no que se oferta a transmisión, así como os dereitos, cotas, cantidades de referencia e concesións administrativas. Así mesmo, a dita relación exporase nas oficinas de información da Delegación Provincial da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, quedando unha copia, para exame dos interesados, nas oficinas agrarias comarcais da citada consellería correspondentes ó municipio no que se localicen as explotacións.

4. A Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, de acordo coas consignacións orzamentarias, poderá adquirir, por oferta voluntaria, os predios que lle foron ofrecidos polos cedentes en zonas de concentración parcelaria, co fin de podelos incluír en plans de obras ou melloras territoriais, conforme o disposto no artigo 63 da Lei 10/1995, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia.

Artigo 10º.-Contía das axudas.

1. Os cedentes percibirán ata acada-la xubilación definitiva e, como máximo, ata o día en que cumpran os sesenta e cinco anos de idade:

a) Unha indemnización anual, polo seguinte im-

porte:

-6.004,10 euros se o titular ten conxuxe ó seu cargo e sempre que o dito cónxuxe non reciba a axuda prevista no punto 4.

-5.135,99 euros se o titular non ten cónxuxe ó seu cargo.

-4.701,92 euros se o cónxuxe ou traballador recibe a axuda prevista no punto 4.

Para estes efectos, entenderase que existe cónxuxe a cargo do beneficiario cando conviva con este e dependa económicamente del. Non existirá dependencia económica cando o cónxuxe, pola realización dunha actividade remunerada, estea dado de alta nalgún réxime da Seguridade Social, como cotizante por conta propia ou allea, ou perciba pensión do sistema da Seguridade Social, prestación ou subsidio de desemprego ou calquera outra prestación pública análoga.

b) Unha prima anual complementaria de 106,18 euros por hectárea tipo que transmita ou ceda da explotación, sen exceder de 3.000 euros por beneficiario. Se o cedente transmite en propiedade o 100 por cento da súa propiedade na explotación, percibirá un 20 por cento máis na prima anual por hectárea tipo.

2. Os cedentes percibirán, de se-lo caso, un complemento anual de xubilación desde o día en que, ó cumpri-los sesenta e cinco anos, se xubilen definitivamente ata que cumpran os setenta anos de idade.

O período total de axudas por cesamento anticipado e complemento anual de xubilación non poderá exceder de quince anos.

O complemento anual de xubilación será o resultado de suma-la indemnización anual e a prima anual por hectáreas tipo, referidas no punto 1, descontando da cantidade resultante a contía da súa xubilación definitiva e as cotas á Seguridade Social do beneficiario, correspondentes ós últimos doce meses.

3. No caso de existir varios titulares da explotación que cumpran as condicións do artigo 4º, os importes de indemnización e prima complementaria previstos no punto 1 anterior, e o de complemento anual de xubilación, previsto no punto 2 anterior, repartiranse entre eles proporcionalmente á súa coparticipación na explotación.

4. Os traballadores percibirán unha indemnización anual cun importe de 3.545,20 euros. Esta axuda poderán percibila ata acada-la xubilación definitiva e, como máximo, ata o día en que cumpran os sesenta e cinco anos de idade. Só se concederá indemni-

zación a un traballador por explotación, tendo preferencia os traballadores por conta allea sobre os familiares e, dentro deles, se houbera máis dun, o máis antigo e en caso de igualdade, o de maior idade.

5. As indemnizacións consideradas na presente orde poderán ser actualizadas co incremento que establezan, anualmente, os orzamentos xerais do Estado para as pensións mínimas de xubilación acollidas ó réxime da Seguridade Social.

Artigo 11º.-Solicitudes.

1. As solicitudes para acceder a estas axudas presentaranse, preferentemente, nas oficinas agrarias comarcais da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural. Así mesmo, poderán presentarse nos demais lugares e formas previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. O prazo de presentación de solicitudes será o que se determine na respectiva convocatoria.

3. As solicitudes formalizaranse nos impresos oficiais que se inclúen como anexo 1 desta orde e que a continuación se indican:

a) Impreso Solicitude, de datos do solicitante titular de explotación agraria e dos datos, que incluirá, como mínimo:

-A identificación do solicitante, o seu domicilio, data de nacemento, estado civil, con indicación, de se-lo caso, da existencia de cónxuxe a cargo ou cesante como familiar, indicación do número de identificación fiscal, réxime e número de afiliación á Seguridade Social e, se procede, da clase e importe da pensión percibida.

-Pertenza e réxime de tenza das terras que forman a superficie agrícola e os efectivos gandeiros existentes na súa explotación, con indicación do destino previsto para as terras e o gando.

-A declaración de ter exercido a agricultura nos dez anos anteriores ó cesamento, de non estar incurso en ningunha das causas de incompatibilidade indicadas no artigo 20º da presente orde, de ter indicado a totalidade da superficie da súa explotación e de que non diminuíu esta, na súa superficie, en máis dun 20 por 100 nos dous anos anteriores á solicitude, -agás a excepción prevista artigo 7.1º c) desta orde-, e de que tódolos datos indicados na solicitude son certos.

-O compromiso de cesar definitivamente na actividade agraria e de transmiti-la súa explotación, conforme o establecido no artigo 8º.

-A autorización á Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria para comprobar e solicitar, incluso ante as administracións públicas competentes, cantos documentos e informes sexan precisos para a verificación e control dos datos achegados no expediente.

b) Impreso anexo 1, (de relación de predios agrícolas da explotación do cedente), que incluirá, como mínimo, os seguintes datos:

-A identificación catastral dos predios.

-A superficie agrícola e catastral.

-A indicación do aproveitamento actual, réxime de tenza e destino previsto de reserva, forma de transmisión ou resolución de contratos.

-Así mesmo, neste documento indicaranse as cotas, cantidades de referencia, dereitos de producción e outras concesións afectas á explotación e ó seu destino.

c) Impreso anexo 2A, (datos do cesionario, da súa explotación e da explotación resultante), que incluirá, como mínimo, os seguintes:

-A identificación do cesionario, o seu domicilio, estado civil, data de nacemento ou de constitución e número de socios no caso de persoas xurídicas, indicación do número ou código de identificación fiscal e do réxime e número de afiliación á Seguridade Social.

-A superficie agrícola e efectivos gandeiros actuais e previstos.

-A declaración de conformidade para ser cesionario, segundo o establecido no artigo 5º desta orde.

-A declaración de autenticidade dos datos.

-No caso de cesionarios agrarios, o compromiso de exerce-la agricultura a título principal nos cinco anos posteriores ó cesamento e de acadar, nese prazo, os requisitos relativos a dimensión económica e rendas indicados no artigo 7.2º desta orde.

-O compromiso de non transmiti-la propiedade nin ceder en arrendamento, parcería ou figuras análogas, durante o prazo de cinco anos, as terras adquiridas ó titular da explotación que cesa na súa actividade agraria.

-De se-lo caso, o compromiso de subrogarse nos dereitos e obrigas derivadas dos plans de melloras realizados polo cedente.

-O compromiso para, de se-lo caso, executa-las melloras que permitan un aumento na dimensión económica da explotación que reciba do cedente en, polo menos, 12 hectáreas tipo.

-O compromiso de utiliza-las terras recibidas en condicións compatibles coa preservación e mellora do medio e do espacio rural.

No caso en que exista máis dun cesionario, deberá presentarse un impreso Anexo 2A para cada un deles.

d) Impreso anexo 2B, (relación de predios e outros datos da explotación do cesionario), que incluirá, como mínimo:

-A identificación catastral dos predios.

-A superficie agrícola e catastral.

-O aproveitamento actual e o réxime de tenza.

-Así mesmo, neste documento indicaranse as cotas, cantidades de referencia, dereitos de producción e outras concesións actuais e previstas afectas á explotación.

No caso de máis dun cesionario, deberá presentarse un impreso anexo 2B por cada un deles.

e) Impreso anexo 3, (datos do traballador ou familiar solicitante), que incluirá, como mínimo:

-A identificación do solicitante, o seu domicilio, data de nacemento, estado civil, número de identificación fiscal, réxime e número de afiliación á Seguridade Social e, de se-lo caso, a clase e importe da pensión percibida.

-A declaración do solicitante da súa condición de traballador por conta allea da explotación do cedente ou de membro da súa familia.

-A declaración de ter dedicado á actividade agraria, polo menos, a metade do seu tempo de traballo, durante os cinco anos anteriores ó cesamento, de ter traballado na explotación do cedente, como mínimo, durante o tempo equivalente a tres anos de traballo, a tempo completo, durante os cinco anos anteriores ó inicio do cesamento do titular, de non estar incurso en ningunha das causas de incompatibilidade indicadas no artigo 20º desta orde e de que os datos indicados na solicitude son certos.

-O compromiso de cesar definitivamente na actividade agraria.

-A autorización á Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria para comprobar e solicitar, ante as administracións públicas competentes, cantos documentos e informes sexan precisos para a verificación e control dos datos achegados no expediente.

f) Impreso anexo 4, de resolución de contratos e de compromiso de cesión, que incluirá, como mínimo:

-O compromiso entre o propietario e o cedente para rescindi-los contratos relativos ós predios que, non sendo de propiedade do cedente, forman parte da súa explotación mediante arrendamento, parcería ou fórmulas análogas.

-A relación dos predios indicados no impreso anexo 1 e da súa superficie total, que son obxecto da rescisión de contrato entre o cedente e o seu propietario.

-De se-lo caso, o compromiso do propietario de predios agrícolas para formalizar un contrato de arrendamento deses predios co cesionario en condicións compatibles co requirido nesta orde.

-No caso anterior, a relación dos predios e da súa superficie total indicados nos impresos anexo 1 ou anexo 2B, que serán obxecto de formalización de contrato de arrendamento entre o propietario e o cesionario.

4. Non obstante o indicado no punto 3, naqueles municipios, ou parte deles, onde se procedese á concentración parcelaria ou á reordenación da propiedade e para os que non se dispoña dun novo catastro, indicaranse mediante unha marca os predios incluídos no proceso de concentración, e identificaranse mediante as referencias alfanuméricas contidas nos planos mentres non se dispoña dos novos datos de catastro.

Artigo 12º.-Acreditación dos requisitos relativos ás persoas e explotacións.

O cumprimento dos requisitos dos cedentes, cesionarios e, se procede, dos traballadores, así como das respectivas explotacións, acreditarase mediante a presentación dos documentos indicados no anexo 2 desta orde.

Artigo 13º.-Outras condicións de cedentes, cesionarios e explotacións.

1. Para poder ser beneficiarios das axudas consideradas nesta orde será preciso que os solicitantes teñan cumprida a idade mínima establecida na data de remate do prazo de presentación das solicitudes.

2. A aprobación das axudas solicitadas polos traballadores requirirá, pola súa vez, da aprobación das axudas solicitadas polos correspondentes cedentes.

3. Tralo cesamento da actividade agraria na explotación, en ningún caso poderá o cedente pasar a ser cotitular coa persoa física ou socio da persoa xurídica titular da explotación resultante.

4. Se o cesionario, agricultor mozo ou traballador que se instala, pretende incrementa-la base territorial da explotación que recibe do cedente, deberá achegar, coa solicitude, un compromiso de arrendo ou compravenda asinado polo posible arrendador ou vendedor e o propio cesionario, no que consten a identificación catastral e a superficie dos predios a arrendar ou comprar. Para estes efectos, pódese emprega-lo impreso indicado no artigo 11º f) desta orde.

5. Aquelas solicitudes nas que que o cesionario, xa titular da explotación, desexe utiliza-las cortes ou instalacións do cedente, estarán sometidas á avaliación técnica e de viabilidade, que efectuará o servicio provincial de Explotacións Agrarias, da memoria explicativa e bosquexo ou plano de localización que, nestes casos, teñen que presentarse xunto coa solicitude.

6. Agás nos casos de incorporación dun agricultor mozo ou dun traballador na explotación do solicitante, cando o dito solicitante desfrutara de axudas públicas para mellora de explotación, para ser beneficiario das axudas consideradas nesta orde deberá, previamente, comprometerse a cancelar tódolos compromisos que teña pendentes e, de se-lo caso, ó reintegro total ou parcial da axuda concedida, queda exceptuada desta obriga a parte correspondente a aqueles bens que sexan transferidos ó cesionario.

Artigo 14º.-Tramitación das solicitudes.

1. Cada solicitude presentada conforme o previsto no artigo 11º desta orde, será grabada informaticamente na oficina agraria comarcal correspondente e, xunto coa documentación complementaria, constituirá un expediente, que será revisado polo correspondente servicio provincial de Explotacións Agrarias, mediante a comprobación daquela solicitude e da documentación complementaria xustificativa. Esta revisión incluirá a realización de controis informáticos e a avaliación da dimensión económica das explotacións do cedente e do cesionario. Así mesmo, avaliarase a viabilidade da mellora da explotación resultante nos cinco anos seguintes, coa determinación de se a dimensión da dita explotación resultante lle permitirá, ó cesionario, acadar unha renda por UTA igual ou superior a 6.854,75 euros.

2. Finalizados os controis administrativos, o xefe do Servicio de Explotacións Agrarias realizará a proposta correspondente, co visto e prace do delegado provincial, na que se incluirá a relación ordenada, segundo os criterios de prioridade indicados no artigo 15º seguinte, que se lle remitirá á Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria.

Artigo 15º.-Criterios de prioridade.

Dado o carácter de concorrencia competitiva da presente convocatoria, no caso de que o importe das axudas correspondentes ás solicitudes recibidas supere a dotación orzamentaria dispoñible, as resolucións estimatorias dictaranse consonte a seguinte orde de prelación:

1. Cando o cesionario sexa un agricultor mozo, 7 puntos.

2. Cando a explotación do cedente estea situada nunha zona cualificada como desfavorecida, 5 puntos.

3. Por cada ano de idade do cedente a partir dos 60 anos, 1 punto.

4. No caso de igualdade terán preferencia os expedientes correspondentes ós cedentes de maior idade.

Artigo 16º.-Resolución.

As solicitudes serán resoltas polo conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, por proposta do director xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria. O prazo para dictar-la resolución será de seis meses, contados a partir do día de entrada en vigor da respectiva orde de convocatoria. Transcorrido o prazo sen que se dictase e notificase a correspondente resolución, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

Artigo 17º.-Transmisión da explotación. Xustificación. Prazos.

Se a resolución fose favorable, para poder acceder ás axudas previstas no artigo 10º desta orde, o cedente deberá facer efectiva a transmisión da base territorial, así como de tódolos dereitos, cotas, cantidades de referencia e concesións administrativas afectas á súa explotación, segundo se indica no artigo 8º.

O prazo para xustifica-lo cumprimento dos compromisos será de dous meses contado a partir da recepción da notificación da resolución aprobatoria da axuda. Excecpcionalmente, por causa debidamente xustificada que impedise cumpri-los ditos compromisos en prazo, o solicitante deberá solicitar unha prórroga, especificando os motivos e o novo prazo de prórroga proposto, que deberá ser aprobado pola Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias. O incumprimento dos anteditos prazos de cumprimento de compromisos poderá levar aparellada a perda dos dereitos á axuda inicialmente concedida de acordo co previsto nesta orde.

A explotación, ou a parte que sexa propiedade do cedente, deberá transmitirse de conformidade co previsto no artigo 8º desta orde. Esta transmisión acreditarase do seguinte xeito:

a) A transmisión da base territorial, mediante a presentación de copias compulsadas das escrituras públicas, así como dos xustificantes do pagamento do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

b) A transmisión do gando, agás nos casos de incorporación de mozos ou traballadores na mesma explotación, pola presentación da copia compulsada do

libro de explotación, no que consten, debidamente dilixenciadas, as baixas, no caso de gando vacún e ovino ou cabrún, ou mediante certificación de veterinario oficial, ou factura de venda para outras especies.

c) A transferencia dos dereitos, cotas, cantidades de referencia para a producción de leite e demais concesións administrativas, afectas tanto á parte agrícola como gandeira, da explotación do cedente á do cesionario, formalizaranse nos impresos oficiais facilitados polas unidades ou organismos dependentes da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, do que se achegarán copias.

d) Nos casos de cesionarios agricultores mozos ou de traballadores que se instalen na explotación do cedente, a instalación acreditarase coa copia da solicitude oficial de cambio de titularidade, acompañada das correspondentes altas fiscais e no réxime especial agrario da Seguridade Social ou no de traballadores por conta propia ou autónomos, en función da súa actividade agraria.

e) A acreditación do incremento mínimo en 12 hectáreas tipo por parte dos agricultores mozos ou dos traballadores instalados con motivo do cesamento, será feita pola xustificación da realización dos investimentos e melloras previstos neste, comprobadas polo Servicio Provincial de Explotacións Agrarias.

f) Cando os agricultores mozos ou traballadores que se instalan, incrementen a superficie agrícola da explotación que reciben, deberán achega-las copias compulsadas dos correspondentes títulos ou contratos de arrendamento ou compravenda asinados polo arrendador ou vendedor e o propio cesionario, nos que conste a identificación catastral dos predios.

g) No caso de cedentes que desexen ou precisen empregar, exclusiva ou parcialmente, o servicio de transmisión, o compromiso acreditarase mediante o outorgamento do correspondente contrato de mandato.

Artigo 18º.-Certificación e pagamento das axudas.

1. Unha vez acreditado o cumprimento dos compromisos, o Servicio Provincial de Explotacións Agrarias expedirá, ós beneficiarios, unha certificación na que constarán os importes das axudas e os períodos nos que lles corresponde a súa percepción. En ningún caso a data de inicio da percepción poderá ser anterior á data prevista de inicio indicada na resolución.

2. O importe anual das axudas aboarase na conta bancaria indicada polo beneficiario mediante dous ingresos simultáneos, un polo importe correspondente ó 65 por 100 de cofinanciamento do FEOGA Garantía e outro polo importe do 35 por 100 de cofinanciamento da Xunta de Galicia e do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

3. Antes do 31 de xullo de cada ano, os beneficiarios da axuda que teñan dereito á continuidade na súa percepción, deberán presentar unha solicitude anual de pagamento. A dita solicitude realizarana cubrindo o documento anexo V, que estará á súa disposición nas oficinas agrarias comarcais

e nos servicios provinciais de Explotacións Agrarias, ó que achegarán:

-Copia da declaración do IRPF correspondente ó último exercicio con respecto do que teña vencido o prazo para a presentación en período voluntario.

-Certificado ou informe da Tesourería Xeral da Seguridade Social sobre as cotizacións do ano natural pasado.

-Fe de vida.

Os beneficiarios da parte da axuda correspondente ó complemento de xubilación deberán achegar unicamente a fe de vida.

Artigo 19º.-Situación dos beneficiarios respecto da Seguridade Social.

1. Durante o período de percepción das axudas reguladas nesta orde, os beneficiarios quedarán en situación asimilada á de alta, coa obriga de cotizar no correspondente réxime do sistema da Seguridade Social. Para tal efecto, no importe dos pagamentos das axudas irá xa incluído o importe correspondente ás cotas de cotización, debendo se-los propios beneficiarios os que fagan o pagamento das ditas cotas de cotización á Seguridade Social.

Unha vez certificado o cumprimento dos compromisos do cesamento polos beneficiarios, a Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias comunicaralle á Tesourería Territorial da Seguridade Social o dito cumprimento mediante o envío dunha relación certificada dos cesantes.

2. A Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural poderá solicitar en calquera momento, dos beneficiarios a acreditación do cumprimento do indicado no apartado anterior, así como realizar cantas xestións sexan precisas para a súa comprobación.

3. Os solicitantes ou beneficiarios deberán comunicar á consellería, coa maior brevidade, toda variación que se produza na súa situación respecto da Seguridade Social. Así mesmo, no caso de falecemento dalgún solicitante ou beneficiario, este feito debe ser comunicado polos seus herdeiros, coa maior brevidade posible, xuntando a correspondente certificación de defunción.

Artigo 20º.-Réxime de incompatibilidades.

1. A percepción das axudas establecidas nesta orde será incompatible:

a) Coa condición de pensionista por xubilación en calquera réxime da Seguridade Social ou sistema de pensións financiado total ou parcialmente con recursos públicos.

b) Coa condición de pensionista por invalidez permanente, financiado total ou parcialmente con recursos públicos.

2. Se o beneficiario das axudas viñera percibindo prestacións por maternidade, incapacidade temporal, incapacidade en réximes compatibles, ou outras prestacións de carácter periódico da Seguridade Social, as contías das ditas prestacións serán deducidas do importe das axudas por cesamento anticipado.

Non obstante, serán compatibles coa percepción das axudas as prestacións periódicas da Seguridade Social por fillo a cargo e por pensión de viuvez.

3. A actividade agraria, realizada polo cedente sen fins comerciais, non será subvencionable en virtude da política agrícola común.

Artigo 21º.-Controis.

1. A Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria establecerá o plan autonómico de controis administrativos, de campo e sobre o terreo para realizar no ámbito da Comunidade Autónoma, e no que se recollerán os criterios básicos e a metodología xeral para a súa realización.

As persoas afectadas polos controis, tanto administrativos como de campo ou sobre o terreo, estarán obrigadas a colaborar na súa realización.

2. Os controis administrativos realizaranse sobre o total das solicitudes recibidas e rexistradas na campaña de referencia, debéndose comprobar exhaustivamente que a solicitude estea correctamente cuberta desde o punto de vista formal e que inclúa toda a documentación requirida. Disporanse os cruzamentos informáticos necesarios cos datos declarados para garantir que non se efectúen pagamentos indebidos e, en particular, evita-la concesión de dobres axudas.

3. Os controis de campo terán por finalidade obter unha maior obxectividade para establece-los criterios de análise de risco que marcarán as pautas a seguir para a selección dirixida, a partir de la cual se efectuarán os controis sobre o terreo.

4. Anualmente realizaranse os controis sobre o terreo para unha mostra do 5% dos beneficiarios, co obxecto de verifica-lo cumprimento das condicións que deron lugar á concesión da axuda. Faranse de forma imprevista aínda que poderá avisarse anticipadamente ós titulares cun prazo non superior ás corenta e oito horas. Non serán admisibles excusas para a realización do control, salvo causa de forza maior comprobada in situ, que deberá quedar reflictida na acta de control; neste caso poderá realizarse o control unha vez desaparecida esta.

5. Non obstante, o organismo pagador dos fondos FEOGA-Garantía en Galicia poderá demanda-la realización das inspeccións e controis adicionais que considere necesarios para comproba-lo cumprimento de calquera requisito esixido na normativa comunitaria, estatal ou autonómica que resulte de aplicación.

6. Cando un beneficiario destas axudas obxecto de control teña concedidas outra ou outras con fundamento no Regulamento (CE) 1257/1999, o control efectuarase sobre o conxunto de axudas aprobadas en virtude do regulamento citado.

Artigo 22º.-Obriga de facilitar información.

Ademais da documentación complementaria que durante a tramitación do procedemento poida ser esixida polos órganos competentes da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, os beneficiarios terán a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida polo ser

vicio de auditoría interna do organismo pagador en Galicia, pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, así como as que lle sexan solicitadas por calquera órgano comunitario de inspección ou control.

Artigo 23º.-Modificación da resolución de concesión.

1. Toda alteración das condicións que se tivesen en conta para a concesión da axuda, particularmente as variacións na situación dos beneficiarios en relación coa condición de interdependencia económica ou a vinculación entre cedentes e traballadores, ou da súa relación administrativa coa Seguridade Social, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. Sen prexuízo do anterior, as resolucións dictadas ó abeiro desta orde poderán ser modificadas, conforme o disposto no artigo 12º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Artigo 24º.-Reintegro das axudas.

No caso de pagamentos indebidos, o beneficiario quedará obrigado a reembolsa-los correspondentes importes, conforme o previsto no artigo 49 do Regulamento (CE) 2419/2001, e de acordo co disposto no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, conforme a redacción dada pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa.

Artigo 25º.-Infraccións e sancións.

Ademais do disposto no artigo 63 do Regulamento (CE) 445/2002, da Comisión, do 26 de febrerio, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento 1257/1999, seralles de aplicación ós beneficiarios das axudas reguladas nesta orde o réxime de infraccións e sancións en materia de subvencións previsto no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, conforme a redacción dada pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa.

Artigo 26º.-Casos de forza maior e circunstancias excepcionais.

1. Sen prexuízo doutras circunstancias concretas admisibles en dereito, cando resulte procedente, poderanse admitir como casos de forza maior os seguintes:

a) Falecemento do cedente, do cesionario ou do traballador.

b) Unha longa incapacidade profesional do cedente, do cesionario ou do traballador.

c) A expropiación dunha parte importante da superficie agraria da explotación, sempre que tal circunstancia non fora previsible no momento da solicitude.

d) Unha catástrofe natural grave que afecte considerablemente á superficie agraria dalgunha das explotacións.

e) Unha epizootia que afecte a todo ou a parte do gando.

f) A destrucción accidental dos edificios dalgunha das explotacións destinados á gandería.

g) A perda do dominio sobre a totalidade ou parte dalgunha das explotacións, debida a sentencia xudicial, en procedemento de separación matrimonial ou por divorcio, cando non fora previsible no momento da solicitude.

2. A notificación dos casos de forza maior e a proba que se achegue deberá comunicarse por escrito nun prazo de dez días hábiles a partir do momento en que se estea en condicións de facelo.

Artigo 27º.-Recursos administrativos.

As resolucións expresas ou presuntas dos expedientes tramitados en aplicación desta orde e da respectiva convocatoria, esgotan a vía administrativa e, contra elas, cabe interpoñe-los seguintes recursos:

1. Potestativamente, recurso de reposición ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, ou de tres meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto, segundo os casos, de conformidade co establecido nos artigos 107, 116 e 117 da Lei 30/1992, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999.

2. Directamente, recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, se é expresa; ou seis meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto, de acordo co previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Sección segunda

Convocatoria para o ano 2003

Artigo 28º.-Prazo de presentación.

As solicitudes de axuda para a convocatoria de 2003 poderanse presentar no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á publicación da presente orde.

Artigo 29º.-Financimento das axudas para o ano 2003.

O financiamento das axudas consideradas nesta orde farase con cargo á aplicación orzamentaria 09.03.614A.777.2, do orzamento de gastos da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, dotado para o ano 2003 con 20.122.338,00 euros, dos que 3.000.000,00 euros se destinarán a novas solicitudes. Este financiamento poderá ser incrementado con fondos adicionais comunitarios, estatais e da Comunidade Autónoma.

Disposición adicional

Os cedentes e, se é o caso, traballadores, poderán presenta-los certificados de estar ó corrente das súas

obrigas fiscais ou ben poderán autorizar á Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria, para que, conforme o disposto no artigo 2.4º da Orde do Ministerio de Economía e Facenda do 18 de novembro de 1999, solicite da Axencia Estatal de Administración Tributaria e da Consellería de Economía e Facenda a información á que se refire o artigo 78.4.c) da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Disposición transitoria

As solicitudes de axuda presentadas ó abeiro da Orde do 27 de marzo de 2001, respecto das que non recaeu resolución expresa de concesión de axuda, poderán ser tidas en conta na convocatoria deste ano, sempre que o interesado así o solicite e cumpra co disposto na convocatoria de 2003.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria para dicta-las instruccións precisas para o mellor desenvolvemento e execución do disposto nesta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2003.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Política Agroalimentaria e

Desenvolvemento Rural

ANEXO 2

1) Documentación que teñen que presenta-las cedentes:

-Fotocopia compulsada do DNI, CIF/NIF ou etiqueta de identificación fiscal. No caso de que no DNI se indique a letra do NIF, non será preciso presenta-la fotocopia deste.

-Partida ou certificación de nacemento.

-Certificación e/ou informe de vida laboral, expedidos pola Tesourería Territorial da Seguridade Social ou Administración desta, acreditativos:

a) Da situación de alta no réxime especial agrario ou no de traballadores por conta propia ou autónomos en función da súa actividade agraria.

b) De afiliación á Seguridade Social e dos períodos de permanencia en alta durante os que teña cotizado a esta.

c) Da situación laboral en relación a calquera tipo de incapacidade.

d) De encontrase ó corrente no pagamento das cotizacións.

-Certificación expedida polo Instituto Nacional da Seguridade Social, na que conste:

a) A condición de perceptor ou non perceptor de pensión de incapacidade, xubilación, ou invalidez no réxime especial agrario, ou no réxime especial de traballadores autónomos, ou outra prestación pública a cargo do Sistema da Seguridade Social.

b) No caso de que sexa perceptor, indicación da clase de pensión, data de resolución, importe anual, data de inicio e, de se-lo caso, data de remate da percepción.

-Unha certificación expedida pola Consellería de Economía e Facenda, ou por algunha das súas delegacións, acreditativa de non ter débedas coa Xunta de Galicia.

-Unha certificación expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria acreditativa de non ter débedas coa Administración do Estado.

-Unha certificación expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ou copia compulsada da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) correspondente ó último exercicio sobre o que teña vencido o prazo para a presentación en período voluntario.

-O cedente deberá demostra-la condición de agricultor durante os dez anos anteriores ó cesamento dalgún dos seguintes modos:

a) Mediante o informe de vida laboral, declaracións ou certificacións de rendas, documentación de saneamento gandeiro da súa explotación ou, no seu defecto, certificación da Subdirección Xeral de Gandería na que así se indique para as distintas campañas, ou ben pola presentación de documentación demostrativa de ter sido beneficiario de axudas para a mellora de explotación ou, de se-lo caso, certificación emitida pola Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, na que se faga consta-lo tipo de axuda, condicións, e as datas de concesión e de certificación.

b) No caso de cedentes agricultores colaboradores dun titular de explotación, deberá acreditarse a vinculación de colaboración entrambos e a explotación, achegando unha certificación de empadroamento, libro de familia ou certificación de convivencia, ou calquera outro documento admisible en dereito que demostre a vinculación entrambos e a explotación durante o período requirido.

-Un certificado de titularidade de conta expedido pola entidade financeira correspondente, con indicación do código de conta-cliente, na que solicitan que se lles ingrese o importe da indemnización.

-Certificación do Rexistro da Propiedade, escrituras públicas ou calquera outro documento admisible en dereito, xustificativa da propiedade dos predios que integran a superficie agrícola da explotación. No caso de que a dita superficie estivera constituída, total ou parcialmente, por terras arrendadas, levadas en parcería ou figuras análogas, poderá demostrarse mediante os contratos, outros documentos xustificativos admisibles en dereito.

-Copia compulsada da documentación xustificativa do número de cabezas de gando das distintas especies, que para ganado vacún e ovino ou cabrún, poderá consistir na folla de saneamento correspondente á última campaña realizada. Esta documentación poderá ser omitida cando a Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural dispoña da dita información.

-No caso de que a explotación do cedente estea formada, total ou parcialmente, por predios levados en arrendamento, parcería e/ou fórmulas análogas, deberá achega-la xustificación da rescisión dos contratos cos propietarios, podendo empregar para tal fin o impreso indicado como anexo 4.

2) Documentación que teñen que presenta-los traballadores/as:

-Fotocopia compulsada do DNI, CIF/NIF ou etiqueta de identificación fiscal. No caso de que no DNI se indique a letra do NIF, non será preciso presenta-la fotocopia deste.

-Partida ou certificación de nacemento.

-Certificación e/ou informe de vida laboral, expedidos pola Tesourería Territorial da Seguridade Social ou Administración desta, acreditativos:

a) Da situación de alta no réxime especial agrario ou no de traballadores por conta propia ou autónomos en función da súa actividade agraria.

b) De afiliación á Seguridade Social e dos períodos de permanencia en alta durante os que teña cotizado a esta.

c) Da situación laboral en relación a calquera tipo de incapacidade.

d) De encontrarse ó corrente no pagamento das cotizacións.

-Certificación expedida polo Instituto Nacional da Seguridade Social, na que conste:

a) A condición de perceptor ou non perceptor de pensión de incapacidade, xubilación, ou invalidez no réxime especial agrario, ou no réxime especial de traballadores autónomos, ou outra prestación pública a cargo do Sistema da Seguridade Social.

b) No caso de que sexa perceptor, indicación da clase de pensión, data de resolución, importe anual, data de inicio e, de se-lo caso, data de remate da percepción.

-Unha certificación expedida pola Consellería de Economía e Facenda, ou por algunha das súas delegacións, acreditativa de non ter débedas coa Xunta de Galicia.

-Unha certificación expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria acreditativa de non ter débedas coa Administración do Estado.

-Un certificado de titularidade de conta expedido pola entidade financeira correspondente, con indicación do código de conta-cliente, na que solicitan que se lles ingrese o importe da indemnización.

-Os traballadores cesantes deberán acreditar ter traballado a xornada completa na explotación do titular cedente e ter realizado o dito traballo, polo menos, durante o tempo equivalente a tres anos de traballo a tempo completo dentro dos cinco anos anteriores ó inicio do cesamento do titular. Esta acreditación consistirá, con carácter xeral, na presentación do informe de vida laboral antes indicado. No caso de familiares cesantes, cando deste modo non quede suficientemente acreditado este requisito, poderá demostrarse con outros documentos admisibles en dereito.

3) Documentación que teñen que presenta-los cesionarios/as:

3.1. Cesionarios/as persoas físicas.

-A fotocopia compulsada do DNI, CIF/NIF ou etiqueta de identificación fiscal. No caso de que no DNI se indique a letra do NIF, non será preciso presenta-la fotocopia deste.

-Unha certificación e/ou informe de vida laboral, expedidos pola Tesourería Territorial da Seguridade Social ou Administración desta, acreditativos:

a) Da situación de alta no réxime especial agrario ou no de traballadores por conta propia ou autónomos en función da súa actividade agraria.

b) De afiliación á Seguridade Social e dos períodos de permanencia en alta durante os que teña cotizado a esta.

c) Da situación laboral en relación a calquera tipo de incapacidade.

d) De encontrarse ó corrente no pagamento das cotizacións.

-Unha certificación expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ou copia compulsada da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) correspondente ó último exercicio sobre o que teña vencido o prazo para a presentación en período voluntario.

-Unha certificación do Rexistro da Propiedade, escrituras públicas ou calquera outro documento admisible en dereito, xustificativo da propiedade dos predios que integran a superficie agrícola da explotación. No caso de que a dita superficie estivera constituída, total ou parcialmente, por terras arrendadas, levadas en parcería ou figuras análogas, poderá demostrarse mediante os contratos, ou outros documentos xustificativos admisibles en dereito.

-A copia compulsada da documentación xustificativa do número de cabezas de gando das distintas especies, que para gando vacún e ovino ou cabrún, poderá consistir na folla de saneamento correspondente á última campaña realizada. Esta documentación poderá ser omitida cando a Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural dispoña da dita información.

-O compromiso dos propietarios de terras da explotación do cedente que, trala rescisión de contratos con este, acepten o compromiso para facer unha nova transmisión a favor do cesionario, podendo empregar para tal fin o impreso indicado como anexo 4.

-No caso de cesionarios agricultores mozos ou traballadores que se instalan, deberán presentar, xunto coa solicitude, un plan de melloras que xustifique un aumento na dimensión económica da explotación que reciba do cedente en, polo menos, doce hectáreas tipo. Este plan de mellora poderá ser obxecto de axuda no marco das establecidas para a mellora da eficacia das estructuras agrarias.

-Nos casos considerados no punto 5 do artigo 13º deberase presentar unha memoria explicativa do aproveitamento das terras ou cortes cedidos na que conste, polo menos, o tipo de cultivo ou rotación,

tipo de gando e número de efectivos, a periodicidade e natureza dos labores que se van realizar, tipo de aproveitamento e un bosquexo ou plano de localización a unha escala adecuada, con indicación da localización das respectivas explotacións e das rutas de conexión.

3.2. Cesionarios persoas xurídicas:

Cando o cesionario sexa unha persoa xurídica, para o efecto de identificación desta e das súas condicións, deberá achegar, xunto coa solicitude:

-A fotocopia compulsada da tarxeta do CIF.

-A copia da acta de constitución, copia dos estatutos sociais e copia do documento acreditativo ou certificado da inscrición rexistral da entidade.

-A relación actualizada de socios, con indicación do DNI e do número e réxime de cotización á Seguridade Social.

-A copia da declaración do Imposto de Sociedades correspondente ó último exercicio para o que teña vencido o prazo para a declaración en período voluntario ou, de se-lo caso, certificación da Axencia Estatal da Administración Tributaria correspondente ó dito exercicio.

-Unha certificación do Rexistro da Propiedade, escrituras públicas ou calquera outro documento admisible en dereito, xustificativo da propiedade das parcelas que integran a superficie agrícola da explotación. No caso de que a dita superficie estivera constituída, total ou parcialmente, por terras arrendadas, levadas en parcería ou figuras análogas, poderá demostrarse mediante os contratos ou outros documentos xustificativos admisibles en dereito.

-A copia compulsada da documentación xustificativa do número de cabezas de gando das distintas especies, que para gando vacún e ovino ou cabrún, poderá consistir na folla de saneamento correspondente á última campaña realizada. Esta documentación poderá ser omitida cando a Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural dispoña da dita información.

-O compromiso dos propietarios de terras da explotación do cedente que, trala rescisión de contratos con éste, acepten o compromiso para facer unha nova transmisión a favor do cesionario, podendo empregar para tal fin o impreso indicado como anexo 4.

-Nos casos considerados no punto 5 do artigo 13º deberase presentar unha memoria explicativa do aproveitamento das terras ou cortes cedidos na que conste, polo menos, o tipo de cultivo ou rotación, tipo de gando e número de efectivos, a periodicidade e natureza dos labores que se van realizar, tipo de aproveitamento e un bosquexo ou plano de localización a unha escala adecuada, con indicación da localización das respectivas explotacións e das rutas de conexión.

3.3. Cesionarios non agrarios:

a) Persoas físicas:

-A fotocopia compulsada do DNI, CIF/NIF ou etiqueta de identificación fiscal. No caso de que no

DNI se indique a letra do NIF, non será preciso presenta-la fotocopia deste.

-Unha certificación e/ou informe de vida laboral, expedidos pola Tesourería Territorial da Seguridade Social ou Administración desta, acreditativos:

a) De afiliación á Seguridade Social e dos períodos de permanencia en alta durante os que teña cotizado a esta.

b) De encontrarse ó corrente no pagamento das cotizacións.

-Unha certificación expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ou copia compulsada da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) correspondente ó último exercicio sobre o que teña vencido o prazo para a presentación en período voluntario.

b) Persoas xurídicas:

-A copia da tarxeta CIF.

-A copia da acta de constitución, copia dos estatutos sociais e copia do documento acreditativo ou certificado da inscrición rexistral da entidade.

-A relación actualizada de socios, con indicación do DNI e do número e réxime de afiliación á Seguridade Social.

-A copia da declaración do Imposto de Sociedades correspondente ó último exercicio para o que teña vencido o prazo para a declaración en período voluntario ou, de se-lo caso, certificación da Axencia Estatal da Administración tributaria correspondente ó dito exercicio.

c) En tódolos casos:

Para acredita-la viabilidade técnico-económica da actividade que se vaia realizar sobre as terras cedidas, así como a súa legalidade e adecuación ós criterios de preservación do medio ambiente e do espacio rural, os cesionarios non agrarios deberán achegar, ademais das licencias de actividade ou explotación preceptivas, unha memoria técnico-económica descritiva:

-Do destino das terras cedidas con indicación da actividade e do medio físico.

-Dos obxectivos, medios tecnolóxicos e humanos a empregar e, de se-lo caso, a descrición dos ciclos de producción.

-Da natureza e cantidades dos productos que se van obter, das materias primas que se van empregar e dos residuos que se van xerar coa descrición do método de eliminación ou do destino previsto para estes.

-Dunha valoración dos custos de implantación, xestión e dos rendementos esperados.

Cando así o estableza a normativa en vigor ou cando pola importancia ou tipo de actividade que se vai realizar sobre as terras cedidas o servicio de transmisión o estime preciso, deberá presentarse un proxecto técnico, estudio económico, estudio de incidencia ou impacto ambiental, ademais das correspondentes licencias.

INSTRUCCIÓNS PARA O/A INTERESADO/A

(Para cubri-lo impreso da páxina 1.679)

-Cubra este impreso á máquina ou con letra clara, de forma que resulten lexibles os tres exemplares (que se confeccionan simultaneamente, por se-lo papel copiativo).

-NON ESCRIBA no dorso de ningún exemplar nin nos espacios sombreados, que serán utilizados pola Administración.

-Como réxime da Seguridade Social, se é o caso, cubra o que corresponda: traballadores autónomos ou especial agrario (sexa por conta propia ou allea).

-Se ten algunha dúbida ou desexa información complementaria sobre o contido deste impreso ou sobre os documentos que pode ser necesario achegar, consulte os servicios agrarios correspondentes da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, ante os que debe presentar toda a documentación e que lle devolverán o exemplar para o interesado, unha vez rexistrado.

1) Réximes de tenza:

Propiedade ...P.

Arrendamento ...A.

Outros réximes ...O.

2) Nº de cabezas de gando que transmite ó cesionario.

A lexislación sobre esta materia está contida basicamente no Real decreto 5/2001, do 12 de xaneiro, polo que se establece un réxime de axudas destinadas a fomenta-lo cesamento anticipado na actividade agraria (Boletín Oficial del Estado, do 13 de xaneiro de 2001).

INSTRUCCIÓNS PARA O/A INTERESADO/A

(Para cubri-lo impreso da páxina 1.680)

-Cubra este impreso á máquina ou con letra clara, de forma que resulten lexibles os tres exemplares (que se confeccionan simultaneamente, por se-lo papel copiativo).

-NON ESCRIBA no dorso de ningún exemplar nin nos espacios sombreados, que serán utilizados pola Administración.

-Se ten algunha dúbida ou desexa información complementaria sobre o contido deste impreso ou sobre os que pode ser necesarios achegar, consulte os servicios agrarios correspondentes da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, ante os que debe presentar toda a documentación e que lle devolverán o exemplar para o interesado, unha vez rexistrado.

-Enténdese por parcela agraria a superficie continua de terreo cun só aproveitamento, podendo ocupar varias parcelas catastrais.

-Tamén pode darse o caso contrario de que unha parcela catastral estea dividida en varias agrarias con aproveitamentos distintos.

-Se a parcela ou parcelas agrarias non ocupan na súa totalidade as parcelas catastrais, será preciso presentar un bosquexo de situación, sempre que a parcela catastral sexa superior a 10 hectáreas.

1) Réximes de tenza:

Propiedade ... P.

Arrendamento ... A.

Outros réximes ... O.

2) Reserva ou transmite:

Reserva para o consumo familiar ... R.

Transmisión en propiedade ... P.

Transmisión en arrendamento ... A.

Rescisión de contrato ... C.

Rescisión de contrato con compromiso de cesión ó cesionario ... T.

A lexislación sobre esta materia está contida basicamente no Real decreto 5/2001, do 12 de xaneiro, polo que se establece un réxime de axudas destinadas a fomenta-lo cesamento anticipado na actividade agraria (Boletín Oficial del Estado, do 13 de xaneiro de 2001).

INSTRUCCIÓNS PARA O/A INTERESADO/A

(Para cubri-lo impreso da páxina 1.681)

-Cubra este impreso á máquina ou con letra clara, de forma que resulten lexibles os tres exemplares (que se confeccionan simultaneamente, por se-lo papel copiativo).

-NON ESCRIBA no dorso de ningún exemplar nin nos espacios sombreados, que serán utilizados pola Administración.

-Como réxime da Seguridade Social, se é o caso, cubra o que corresponda: traballadores autónomos ou especial agrario (sexa por conta propia ou allea).

-Se ten algunha dúbida ou desexa información complementaria sobre o contido deste impreso ou sobre os documentos que pode ser necesarios achegar, consulte os servicios agrarios correspondentes da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, ante os que debe presentar toda a documentación e que lle devolverán o exemplar para o interesado, unha vez rexistrado.

A lexislación sobre esta materia está contida basicamente no Real decreto 5/2001, do 12 de xaneiro, polo que se establece un réxime de axudas destinadas a fomenta-lo cesamento anticipado na actividade agraria (Boletín Oficial del Estado, do 13 de xaneiro de 2001).

INSTRUCCIÓNS PARA O/A INTERESADO/A

(Para cubri-lo impreso da páxina 1.682)

-Cubra este impreso á máquina ou con letra clara, de forma que resulten lexibles os tres exemplares (que se confeccionan simultaneamente, por se-lo papel copiativo).

-NON ESCRIBA no dorso de ningún exemplar nin os espacios sombreados, que serán utilizados pola Administración.

-Se ten algunha dúbida ou desexa información complementaria sobre o contido deste impreso ou sobre os documentos que pode ser necesario achegar, consulte os servicios agrarios correspondentes da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, ante os que debe presentar toda a documentación e que lle devolverán o exemplar para o interesado, unha vez rexistrado.

-Enténdese por parcela agraria a superficie continua de terreo cun só aproveitamento, podendo ocupar varias parcelas catastrais.

-Tamén pode darse o caso contrario de que unha parcela catastral estea dividida en varias agrarias con aproveitamentos distintos.

-Se a parcela ou parcelas agrarias non ocupan na súa totalidade as parcelas catastrais, será preciso presentar un bosquexo de situación, sempre que a parcela catastral sexa superior a 10 hectáreas.

1) Réximes de tenza:

Propiedade ... P.

Arrendamento ... A.

Outros réximes ... O.

A lexislación sobre esta materia está contida basicamente no Real decreto 5/2001, do 12 de xaneiro, polo que se establece un réxime de axudas destinadas a fomenta-lo cesamento anticipado na actividade agraria (Boletín Oficial del Estado, do 13 de xaneiro de 2001).

INSTRUCCIÓNS PARA O/A INTERESADO/A

(Para cubri-lo impreso da páxina 1.683)

-Cubra este impreso á máquina ou con letra clara, de forma que resulten lexibles os tres exemplares (que se confeccionan simultaneamente, por se-lo papel copiativo).

-NON ESCRIBA no dorso de ningún exemplar nin nos espacios sombreados, que serán utilizados pola Administración.

-Como réxime da Seguridade Social, se é o caso, cubra o que corresponda: traballadores autónomos ou especial agrario (sexa por conta propia ou allea).

-Se ten algunha dúbida ou desexa información complementaria sobre o contido deste impreso ou sobre os documentos que pode ser necesario achegar, consulte os servicios agrarios correspondentes da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, ante os que debe presentar toda a documentación e que lle devolverán o exemplar para o interesado, unha vez rexistrado.

A lexislación sobre esta materia está contida basicamente no Real decreto 5/2001, do 12 de xaneiro, polo que se establece un réxime de axudas destinadas a fomenta-lo cesamento anticipado na actividade agraria (Boletín Oficial del Estado, do 13 de xaneiro de 2001).

INSTRUCCIÓNS PARA O/A INTERESADO/A

(Para cubri-lo impreso da páxina 1.684)

-Cubra este impreso á máquina ou con letra clara, de forma que resulten lexibles os tres exemplares (que se confeccionan simultaneamente, por se-lo papel copiativo).

-NON ESCRIBA no dorso de ningún exemplar nin nos espacios sombreados, que serán utilizados pola Administración.

-Se ten algunha dúbida ou desexa información complementaria sobre o contido deste impreso ou sobre os documentos que pode ser necesario achegar, consulte os servicios agrarios correspondentes da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, ante os que debe presentar toda a documentación e que lle devolverán o exemplar para o interesado, unha vez rexistrado.

A lexislación sobre esta materia está contida basicamente no Real decreto 5/2001, do 12 de xaneiro, polo que se establece un réxime de axudas destinadas a fomenta-lo cesamento anticipado na actividade agraria (Boletín Oficial del Estado, do 13 de xaneiro de 2001).

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO