Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Venres, 14 de febreiro de 2003 Páx. 1.666

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 7 de febreiro de 2003 pola que se anuncia a adxudicación de seis bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se desenvolven no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, convocada por Orde do 15 de novembro de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 233, do 3 de decembro).

Con sustentación na proposta contida na acta da sesión que tivo lugar o día 29 de xaneiro de 2003 pola comisión seleccionadora para a adxudicación de seis bolsas de colaboración en diversos proxectos de investigación que se van desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, segundo a convocatoria anunciada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no DOG nº 233, do 3 de decembro de 2002, e de conformidade co establecido na base sétima da referida orde de convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder seis bolsas de colaboración para os distintos proxectos de investigación que se desenvolverán no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, segundo se detallan no anexo I á presente resolución.

No caso de producirse algunha renuncia procederase a adxudicárlle-la mencionada bolsa a outros candidatos, se os houbese, de acordo coa relación de suplentes que se inclúe no anexo da presente resolución.

Segundo.-De acordo co establecido na base terceira da convocatoria, a asignación mensual das bolsas ás que se refire o punto anterior será de 758,89 euros mensuais, coa retención fiscal que corresponda, durante o período comprendido entre o 10 de febreiro e o 31 de decembro de 2003.

Terceira.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso postestativo de reposición ante o mesmo órgano que resolveu, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución ou ben os interesados poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producira a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Apelidos e nome das/os bolseiras/osNIF

Proxecto I: Diccionario de termos literarios.
Díaz Lage, José Mª44808383J
Suplentes:
Rodríguez González, Norma34265920Z
Martínez Castro, Mª del Carmen76898046F

Proxecto I: Diccionarios de literatura galega.
Neira Rodríguez, Marta76970360D
López-Iglesias Samartín, Roberto76989673W
Suplentes:
Filgueiras Fachal, Paulo32693794F
Loureiro Rodríguez, Cristina53161155J
Pérez Torrón, Lorena76994396X
Arce Méndez, Miguel44813328J

Proxecto II: Sintetizador de voz para lingua galega.
Dans Álvarez de Sotomayor, Isabel53165260R
Suplentes:
Rodríguez Ruibal, Fátima76926174Y
Martínez Insua, Ana76622350N
Suárez Gómez, Cristina77593040X
Graiño Teira, Mª Lucía76779063A

Proxecto III: Recuperación de textos poéticos. Prensa da emigración.
Cuquejo Enríquez, María32815850W
Suplentes:
Cea Viñas, Jorge33344726Q
Cao Míguez, Ana Belén36155425T

Proxecto IV: Diccionario de fraseoloxía galega.
Rodríguez Añón, Marta Mª79320430P
Suplentes:
Rodríguez Ruibal, Fátima Mª76926174Y
Sixto Rey, Teresa Socorro33995848P

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL