Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Xoves, 13 de febreiro de 2003 Páx. 1.656

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LÁNCARA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 20 de decembro de 2002, acordou aprobar incialmente o proxecto de modificación puntual das NN.SS. de planeamento do Concello de Láncara, na Pobra de San Xiao, na zona comprendida entre a avda. Benigno Quiroga, rúa de acceso á estación de ferrocarril e camiño público, promovido por Promociones Churrillo, S.L. e redactado pola arquitecta Mª Pilar Palmeiro Díaz; procédese en consecuencia a somete-lo expediente a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias municipais de 10 ás 13 horas, presentando as alegacións que coiden convenientes.

Láncara, 23 de decembro de 2002.

Eladio Capón López

Alcalde