Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Xoves, 13 de febreiro de 2003 Páx. 1.656

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2002, do Consello Municipal de Deportes de Ourense, pola que se anuncia concurso para o servicio de limpeza das instalacións deportivas municipais propiedade deste consello municipal.

1. Entidade adxudicadora: Consello Municipal de Deportes de Ourense.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de limpeza das instalacións deportivas municipais propiedade do Consello Municipal de Deportes de Ourense.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 138.911,67 euros, IVE incluído (cento trinta e oito mil novecentos once euros con sesenta e sete céntimos).

5. Garantía provisional: 2% do orzamento do contrato.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Consello Municipal de Deportes de Ourense.

b) Enderezo: r/ Pardo de Cela número 2.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32002.

d) Teléfono: 988 37 05 39.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría A.

b) Outros requisitos: poderán concorrer a esta liciación as persoas físicas ou xurídicas con plena capacidade de obrar que non están incursas en causa de incompatibilidade ou incapacidade para a contratación.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza inserido o derradeiro anuncio no BOP ou DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no artigo 11 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: Rexistro do Consello Municipal de Deportes de Ourense.

2º Domicilio: Pardo de Cela, número 2.

3º Localidade e código postal: Ourense, 32002.

4º Horario: de 8.30 a 20 horas.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consello Municipal de Deportes de Ourense.

b) Domicilio: Pardo de Cela, número 2.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32002.

d) Data: quinto día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

Ourense, 19 de decembro de 2002.

Francisco Javier Rodríguez-Nóvoa González

Presidente do Consello Municipal

de Deportes de Ourense