Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Xoves, 13 de febreiro de 2003 Páx. 1.655

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

ANUNCIO de licitación.

Aprobado por Decreto de Alcaldía do 30 de xaneiro de 2003 o expediente de contratación, incluídos os pregos de cláusulas administrativas particulares-técnicas que rexerán o concurso para adxudica-las obras de saneamento e abastecemento r/ San Bernardo fase II, que se expoñen ó público durante 8 días, contados a partir do seguinte ó de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que poidan presentarse reclamacións por quen se considere interesado.

Simultaneamente anúnciase o concurso, aprazándose a licitación se resultara necesario por formularse reclamacións contra os pregos.

Entidade adxudicadora.

Concello da Guarda, Praza do Reló s/n, 36780. Teléfono 986 61 00 00. Fax 986 61 02 83.

Obxecto do contrato.

Adxudica-las obras de saneamento e abastecemento r/ San Bernardo fase II.

Tipo de licitación.

76.530,83 euros, IVE incluído, (setenta e seis mil cincocentos trinta euros con oitenta e tres céntimos de euro).

Modalidade de adxudicación.

Concurso público, procedemento aberto, tramitación urxente.

Garantías.

Provisoria: 2% do orzamento.

Definitiva: 4% do orzamento.

Exame do expediente.

Os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello, en horario de 9 a 13 horas, excepto sábados e festivos e ata o día anterior o do remate do prazo de presentación de proposicións.

Presentación de proposicións.

No rexistro xeral do concello, dentro do prazo de 15 días naturais, contados a partir do día da última

publicación deste anuncio no DOG en horas de nove a trece e de luns a venres, na forma sinalada na cláusula décimoterceira do prego de cláusulas administrativas-técnicas.

Se o último día de presentación de ofertas forma inhábil, prorrogarase ata o día hábil seguinte.

Apertura de proposicións.

A apertura terá lugar ás 13 horas do día hábil seguinte ó sinalado como último para a presentación de proposicións (para estes efectos o sábado considerase inhábil).

Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

A Guarda, 30 de xaneiro de 2003.

José Luis Alonso Riego

Alcalde