Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Xoves, 13 de febreiro de 2003 Páx. 1.652

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación do servicio dun mínimo dun (1) helicóptero con destino á extinción de incendios forestais durante os anos 2003 e 2004.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: servicio dun (1) helicóptero con destino á extinción de incendios forestais durante os anos 2003 e 2004.

2.2. Prazo de execución: vintecatro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: novecentos un mil cincocentos dezaoito (901.518) euros.

5. Clasificación esixida:

Grupo III, subgrupo 9, categoría D ou grupo R, subgrupo 6, categoría D.

6. Fianza provisional:

2% do orzamento de licitación: 18.030,36 euros.

7. Fianza definitiva:

4% do orzamento de adxudicación.

8. Documentación e información.

8.1. Documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación, sita en San Lázaro s/n, Santiago de Compostela e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2217.

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web, e estean interesadas en concursar a esta licitación, deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blan

co.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:

-No epígrafe asunto: obxecto do prego.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

8.2. Información.

Teléfono: 981 54 17 49.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

9.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) No suposto de que se participe en máis dun concurso para as contratacións dos servicios dun mínimo dun helicóptero e tres helicópteros con destino á extinción de incendios forestais durante os anos 2003 e 2004, a documentación xeral contida no sobre A presentada para un deles producirá plenos efectos nos demais nos que se presente proposicións.

10. Apertura da documentación xeral (sobres A):

Realizarase no lugar antes indicado, ás 13 horas do oitavo día natural contado desde o seguinte ó do remate de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

11. Apertura das ofertas:

Ás 12 horas, no lugar sinalado no punto 9.3. do sexto día natural contado desde o seguinte ó da apertura da documentación xeral; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

12. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2003.

P.D. (Orde 29-1-2003)

Justo de Benito Basanta

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente