Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Xoves, 13 de febreiro de 2003 Páx. 1.653

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 7 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador de incendios relacionado no anexo, de referencia OU 250/2002 IN e catro máis, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do expediente sancionador correspondente, por presunta infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais e ó seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 24 de xaneiro do 2002, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2002, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Non obstante, de acordo cos artigos 107, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó desta publicación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel no que esta resolución adquira firmeza -a firmeza producirase ó non interpoñer recurso no prazo indicado-. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Ourense, 7 de xaneiro do 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expte./AnoDenunciadoÚltimo enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecepto infrinxido

e sancionador

Sanción

euros

OU 250/2002 INJorge Alán Rúa Couso

DNI: 76713856

Rúa da Cruz, nº 14-2º esq.

32600 Verín

Abandono de vehículo

M-4998-HG

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e MAN300,51 A

OU 394/2002 INAurelio Álvarez Álvarez

DNI: 76747986

Pazos de Viduedo, nº 24

32130 Cea

Abandono de vehículo

OR-5893-C

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e MAN300,51 A

OU 395/2002 INManuel Eladio Orozco Guerra

DNI: 34112347

Arturo Soria, nº 313

28033 Madrid

Abandono de vehículo

CA-7002-A

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e MAN300,51 A

OU 426/2002 INJosé Antonio Sánchez López

DNI: 36063771

Alcalde Lavadores, nº 62-1º

36214 Vigo (Pontevedra)

Abandono de vehículo

PO-2503-J

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e MAN300,51 A

OU 401/2002 INPlacer Barrio Opazo

DNI:34935159

Calderón de la Barca, nº 81-2º

08032 Barcelona

Abandono de vehículo

ZA-4802-A

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e MAN300,51 A