1. Entidade adxudicadora.
1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.
1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato.
2.1. Descrición do obxecto: servicio de seis (6) avións de carga en terra con destino á extinción de incendios forestais durante os anos 2003 e 2004.
2.2. Prazo de execución: vintecatro meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
3.1. Tramitación: urxente.
3.2. Procedemento: aberto.
3.3. Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: un millón douscentos oitenta e dous mil oitocentos setenta e oito (1.282.878) euros.
5. Clasificación esixida: grupo III, subgrupo 9, categoría D ou grupo R, subgrupo 6, categoría D.
6. Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación, 25.657,56 euros.
7. Fianza definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.
8. Documentación e Información.
8.1. Documentación:
Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación, estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación, sita en San Lázaro s/n, Santiago de Compostela e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2215.
Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web, e estean interesados en concursar a esta licitación, deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:
-No epígrafe asunto: obxecto do prego.
-Nome da empresa.
-Nº de teléfono.
8.2. Información.
Teléfono: 981 54 17 49.
9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
9.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.
9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.
9.3. Lugar de presentación:
a) Entidade: Rexistro Xeral da Consellería de Medio Ambiente.
b) Enderezo: San Lázaro, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
10. Apertura da documentación xeral (sobres A).
Realizarase no lugar antes indicado, ás 13 horas do oitavo día natural contado desde o seguinte ó do termo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.
11. Apertura das ofertas.
Ás 12 horas, no lugar sinalado no punto 9.3 do sexto día natural contado desde o seguinte ó da apertura da documentación xeral; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.
12. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2003.
P.D. (Orde 29-1-2003)
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente