Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Xoves, 13 de febreiro de 2003 Páx. 1.650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación do servicio dun mínimo de tres (3) helicópteros con destino á extinción de incendios forestais durante os anos 2003 e 2004.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: servicio de tres (3) helicópteros con destino á extinción de incendios forestais durante os anos 2003 e 2004.

2.2. Prazo de execución: vintecatro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: un millón novecentos oitenta e tres mil trescentos trinta e nove (1.983.339) euros.

5. Clasificación esixida: grupo III, subgrupo 9, categoría D ou grupo R, subgrupo 6, categoría D.

6. Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación, 39.666,78 euros.

7. Fianza definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

8. Documentación e Información.

8.1. Documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación, estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación, sita en San Lázaro s/n, Santiago de Compostela e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2216.

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web, e estean interesados en concursar a esta licitación, deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:

-No epígrafe asunto: obxecto do prego.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

8.2. Información.

Teléfono: 981 54 17 49.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

9.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: Rexistro Xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) No suposto de que se participe en máis dun concurso para as contratacións dos servicios dun mínimo de un helicóptero e tres helicópteros con destino á extinción de incendios forestais durante os anos 2003 e 2004, a documentación xeral contida no sobre A presentada para un deles producirá plenos efectos nos demais nos que se presente proposicións.

10. Apertura da documentación xeral (sobres A).

Realizarase no lugar antes indicado, ás 13 horas do oitavo día natural contado desde o seguinte ó do termo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

11. Apertura das ofertas.

Ás 12 horas, no lugar sinalado no punto 9.3 do sexto día natural contado desde o seguinte ó da apertura da documentación xeral; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

12. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2003.

P.D. (Orde 29-1-2003)

Justo de Benito Basanta

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente