Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Xoves, 13 de febreiro de 2003 Páx. 1.648

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 14 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a Resolución do 28 de novembro de 2002 dictada no expediente sancionador AC-168/02, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ó imputado que de seguido se relaciona, a resolución da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Coruña dictada no expediente sancionador en materia de turismo número AC-168/02, incoado ó titular do establecemento de café-bar denominado El Hórreo, situado na rúa Hórreo nº 71-73, do concello de Santiago de Compostela (A Coruña), xa que intentada polos medios habituais non puido practicarse.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ó da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que estimen oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme.

Expediente: AC-168/02.

Denunciado: Avelino Castro Rodríguez.

Establecemento: Café-bar El Hórreo.

Enderezo: rúa Hórreo nº 71-73.

Localidade: Santiago de Compostela.

Precepto infrinxido: artigo 86 puntos 1º, 2º, 3º e 5º da Lei 9/1997.

Resolución: 28 de novembro de 2002.

Sanción: apercibimento.

A Coruña, 14 de xaneiro de 2003.

P.A.

José Antonio Gómez García

Secretario provincial da Coruña