Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Xoves, 13 de febreiro de 2003 Páx. 1.648

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 9 de xaneiro de 2003, do Servicio de Protección do Patrimonio Cultural, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador S-P-19/02, en materia de protección do patrimonio cultural de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), notifícaselle a resolución do expediente sancionador S-P-19/02 por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, á persoa que de seguido se relaciona.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2003.

Mª Isabel Martínez-Pedrayo Valeiras

Xefa do Servicio de Protección do Patrimonio

Cultural

ANEXO

Nº de expediente: S-P-19/02.

Interesado: Joaquín Álvarez Martínez.

Enderezo: rúa Fontela, nº 53, Goián, Tomiño, Pontevedra.

Asunto: realización de movementos de terras con fins agrícolas na área de protección integral do xacigo arqueolóxico denominado Atalaia/Torreta ou Torre dos Ratos, inventariado nas normas subsidiarias de Tomiño (publicadas en xuño de 1996), e no vixente PXOM (que entrou en vigor o 4-6-2001), e catalogado como GA22 (segundo o PXOM aprobado inicialmente o 19-12-1998), carecendo da previa e preceptiva autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Precepto infrinxido: artigo 90 g) da Lei 8/1995, do 30 outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 95 da Lei 8/1995, do 30 outubro, do patrimonio cultural de Galicia.