Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Martes, 11 de febreiro de 2003 Páx. 1.568

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso, do organismo autónomo municipal Universidade Popular, do servicio de limpeza das instalacións deste organismo autónomo municipal.

A Xunta Rectora do organismo autónomo municipal Universidade Popular de Vigo aprobou, en

sesión do 20 de decembro de 2002, o prego de condicións para o concurso de limpeza das instalacións da Universidade Popular.

O prego está á disposición das empresas que opten á realización do servicio nas dependencias do organismo autónomo na rúa García Barbón, nº 5, de Vigo (código postal 36201).

O contrato terá unha duración de 2 anos e poderá ser prorrogado por anualidades ata un máximo de dúas máis.

O prezo anual pola prestación da totalidade dos servicios fíxase en 103.120 euros (IVE incluído).

O contratista estará clasificado no grupo U contratos de servicio, subgrupo 1 servicios de limpeza en xeral, categoría A. O prazo de recepción de ofertas rematará ás 13 horas do día 21 de marzo de 2003 e estas realizaranse en horario de 9 a 13 nas dependencias do organismo autónomo na devandita rúa García Barbón, nº 5, de Vigo. A apertura de ofertas terá lugar ás 10 horas do 25 de marzo de 2003, na sala de xuntas da xa citada sede da Universidade Popular de Vigo.

Vigo, 31 de xaneiro de 2003.

Xosé Francisco Armesto Faginas

Director do organismo autónomo municipal

Universidade Popular