Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Martes, 11 de febreiro de 2003 Páx. 1.568

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

Por decreto da Alcaldía nº 6136/2002, do 30 de decembro de 2002, aprobouse inicialmente o expediente de expropiación para a apertura da rúa Miradoiro en Perillo, termo municipal de Oleiros (A Coruña).

De conformidade co artigo 145.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, de acordo co previsto na disposición transitoria terceira da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o dito expediente estará exposto ó público na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, de 9 a 13 horas e polo prazo dun mes a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de presentación das observacións e reclamacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 17 de xaneiro de 2003.

Esther Pita Pita

Alcaldesa