Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Martes, 11 de febreiro de 2003 Páx. 1.568

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CÁMARA OFICIAL DE COMERCIO, INDUSTRIA E NAVEGACIÓN DE LUGO

ANUNCIO.

A Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación da provincia de Lugo para o seu proxecto de viveiro de empresas cofinanciado polo Fondo Europeo de Axuda ó Desenvolvemento (Feder), desexa contratar, mediante concurso, o equipamento do viveiro de empresas no edificio de formación da Cámara de Comercio.

O prazo de presentación de ofertas será de 15 días desde a publicación no Diario Oficial de Galicia.

As propostas deberán recolle-lo importe, IVE incluído, así como tódolas condicións da oferta.

Valorarase a coordinación de tódolos traballos.

A información complementaria sobre condicións de adxudicación e valoración atópase á súa disposición na Cámara de Comercio de Lugo; avda. Ramón Ferreiro 18.

Alfredo H. Mosteirín Castañer

Presidente da Cámara Oficial de Comercio,

Industria e Navegación de Lugo