Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Martes, 11 de febreiro de 2003 Páx. 1.567

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CURTIS

ANUNCIO de convocatoria de concurso público para concesión demanial de parcela.

O Pleno da Corporación do Concello de Curtis acordou aproba-lo prego que rexerá a concesión demanial que se cita, e proceder á convocatoria do concurso correspondente:

Obxecto: concesión demanial de terreos de dominio público denominados tras consistorial, cunha superficie de 116 m.

Duración: cinco anos, prorrogable ata un máximo total de 10 anos.

Obrigas do concesionario:

a) Garantía de reposición: 3.000 euros á finalización da concesión, cantidade que se actualizará no momento de finalización da concesión.

b) Canon: 6.000 euros, revisable anualmente conforme o IPC.

Garantía provisional: 600 euros.

Garantía definitiva: 5% do prezo de adxudicación.

Oferta e documentación: será a que se indica no prego de cláusulas económico administrativas particulares.

Prazo de presentación de ofertas: será de trinta días contados desde a derradeira publicación deste anuncio.

A mesa de contratación reunirase o día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Gastos: os gastos de anuncios de licitación, e todo o que ocasione a formalización do contrato concesional serán por conta do adxudicatario.

Curtis, 9 de xaneiro de 2003.

Javier Franciso Caínzos Vázquez

Alcalde